Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Exposición "Maratón Fotográfico XXVI"

Os pasados 24 e 25 de setembro desenvolveuse na cidade este popular concurso no que as persoas participantes debían tomar fotos durante vinte e catro horas sobre os catro temas propostos pola organización: CIRCULACIÓN, SUPERPOSICIÓN, INSTINTO e ABERRANTE. Un total de 100 afeccionados e afeccionadas participaron na maratón.

O xurado seleccionou quince deles cuxas fotos exponse en gran formato na exposición e optan ós tres premios convocados e accésits. A orixinalidade e as series que máis transmitan, as que fagan pensar e consigan provocar sentimentos son as que serán premiadas en opinión dun xurado formado por fotógrafos, deseñadores gráficos e videografos.

Organiza: Agrupación Fotográfica Galega

Cando:

Do 17 de Novembro ata o 29 de Xaneiro de 2023

Lugar:

Sala de exposicións da Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2)

Horario:

Horarios:

Luns a venres, de 18:00 a 21:00 h

Sábados, de 12:00 a 14:00 h e de 18:00 a 21:00 h

Domingos e festivos, de 12:00 a 14:00 h

 

Horarios especiais de Nadal:

Sábados 24 e 31 de decembro de 2022: de 12:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h

Domingos 25 de decembro e 1 de xaneiro, e venres 6 de xaneiro de 2023: pechado.

Prezo:

Entrada: gratuíta

Máis información:

Galería de fotos

Exposición \

Desde o 17/11/2022

Ata o 29/01/2023

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100