Actualidade
Estrea Mundial
Compañía: NegroLópez
Espectáculo: BACKSTAGE
Xénero: teatro clown
Autoría: Iván Davila e Loïs Blanco
Dirección: Chiqui Pereira
Adaptación e vestiario: Iván Davila e Brais Iriarte
Escenografía e deseño de iluminación: José Faro “Coti”
Deseño de son e música: Brais Iriarte
Elenco artístico: Iván Davila e Brais Iriarte
Idade recomendada: + 4 anos
Un músico está a piques de dar un concerto en solitario. Antes de que chegue o público, prepárase entre bambolinas. Nada máis chegar, comezan os problemas: non atopa as cousas, perde as partituras, ponse nervioso... e todo porque o rexedor do espectáculo é todo un... pallaso.
Durante o transcurso da peza, a través do humor físico, a música e o xogo constante co espectador, veremos a parte máis divertida do que sucede antes de saír a escena. Porque, ás veces, o mellor dos espectáculos ocorre tras o pano.
Cando:
Domingo, 16 de Outubro de 2022
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
18h.- Duración: 50 minutos
Prezo:
5 €
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100