Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Exposición "Sociedade XXI" de Juan Teixeira

Juan Teixeira é un fotógrafo documental, xestor cultural e xornalista independente nacido en Vigo no ano 1983. A través dunha serie de viaxes por América do Sur e o Sueste Asiático observou que a fotografía era unha forma de relacionarse e explorar o mundo dun modo moi persoal. Para afondar no mundo da imaxe, realiza Máster de Fotografía e Deseño na Escola Elisava de Barcelona e posteriormente un Máster de Xornalismo Multimedia en Bilbao.

Dende entón, intentou comprender o mundo que lle rodea, centrándose nas persoas e as súas relacións con outras persoas, coa sociedade, a natureza e o tempo e lugar que a cada unha delas lles toca vivir. Ten cuberto diversos acontecementos nos últimos dez anos, dende a crise de refuxiados en Europa, a guerra de Ucraína ou a situación do pobo kurdo en Turquía ou do palestino en Cisxordania.

A presente exposición está formada por obra inédita, composta por máis de 80 fotografías recompiladas durante os últimos dez anos de traballo como fotógrafo documental en máis de 30 países, seleccionadas, editadas e estruturadas durante o último ano. "Sociedade XXI" retrata persoas, situacións e lugares que propoñen unha problemática universal a través da representación particular. Estas representacións amosan problemas concretos que calquera cidadán do mundo se pode propoñer ao longo da súa vida, como por exemplo a relación coa natureza nas cidades, o turismo enlatado, a falta de empatía, o bombardeo publicitario, a marxinación, a falta de tempo para pensar, a contaminación, as violencias, as desigualdades sociais ou de xénero, a necesidade de consumir, a soidade na era da comunicación...

Cando:

Do 15 de Xullo ata o 6 de Novembro de 2022

Lugar:

Planta baixa da Casa das Artes

Horario:

Luns a venres, de 18:00 a 21:00 h

Sábados, de 12:00 a 14:00 h e de 18:00 a 21:00 h

Domingos e festivos, de 12:00 a 14:00 h

Prezo:

Entrada gratuíta

Galería de fotos

Exposición \

Desde o 15/07/2022

Ata o 06/11/2022

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100