Actualidade
Hijos de la Ruina nace da unión de Natos e Waor, probablemente o dúo de hip-hop máis popular da música española, con máis de 1.000 millóns de reproducións entre Spotify e YouTube, con outro popular rapero, Recycled J.
En 2012 publican o seu primeiro traballo homónimo, “Hijos de la Ruína”, unha maqueta que conquista a crítica e público. Catro anos despois chega “Hijos de la Ruína vol. 2” (2016), un álbum co que van un paso máis aló e consolidan a súa unión con temas como “Speed” ou “?arretera”, que acumulan millóns de reproducións nas principais plataformas de streaming.
O seu terceiro traballo, “Hijos de la Ruína vol. 3” (2021), convértese no disco de hip-hop máis reproducido o día do seu lanzamento en España na historia das plataformas dixitais. Ademais de cortes de hip-hop máis clásicos como “Nosotros” ou a espectacular “Sudores Fríos”, Hijos de la Ruína volven sorprender xogando co rock en “Más Alcohol” ou o reggaetón en “Fuego, Fuego”.
Elixido pola revista musical Mondosonoro como un dos mellores discos nacionais de 2021, esta terceira entrega de Hijos de la Ruina consolida ao trío como un dos grandes referentes da música urbana española.
Os afeccionados ao hip-hop e a música urbana teñen unha cita imprescindible con Hijos de la Ruina o 11 de agosto no Auditorio de Castrelos.
Cando:
Xoves, 11 de Agosto de 2022
Lugar:
Auditorio de Castrelos
Horario:
11 de Agosto ás 22:30h no Auditorio de Castrelos
Teléfono: 986810221
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100