Actualidade
Un achegamento á representación do espazo na plástica galega contemporánea, nas plantas baixa e primeira da Pinacoteca FFR (r/ Abeleira Menéndez, 8).
A mostra propón dúas miradas complementarias sobre un mesmo asunto, o espazo, o lugar vivido e representado polos e polas artistas galegos e galegas, principalmente no pasado século XX. A través de dúas exposicións que son complementarias - unha dedicada á representación do espazo aberto, comisariada por Miriam E. Cortés; outra á representación do espazo pechado, comisariada por Patricia Cupeiro - a proposta fai unha exhaustiva revisión dos fondos artísticos, nos que a arquitectura é protagonista, procedentes das coleccións do Concello de Vigo, do Museo “Quiñones de León” principalmente.
En liña coa vocación da Pinacoteca FFDR de rotar permanentemente os fondos de arte municipais, destaca a mostra pola súa capacidade de mesturar os grandes nomes da plástica contemporánea galega como Lugrís, Souto, Colmeiro, Maside... con outros autores case esquecidos, moitos vigueses, ós que sen dúbida paga a pena revisitar novamente.
A exposición permanecerá aberta ao público até o 24 de outubro.
Cando:
Do 21 de Maio ata o 24 de Outubro de 2021
Lugar:
Pinacoteca Francisco Fernández del Riego
Horario:
Máis información:
Rúa de Abeleira Menéndez 8
Teléfono: 986226459
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100