Actualidade
O proxecto Vigo Cidade de Cor comenzou no ano 2015 e inundou as rúas de Vigo con máis de 100 murais por diversos puntos da cidade.
Este festival de arte urbana, que debe considerarse sempre con carácter provisional pola propia definición de “medianeira”, conta con intervencións de artistas novos e consagrados, fundamentalmente locais, pero abríndose cada ano á colaboración internacional.
O evento ten como obxectivo embelecer, decorar, tratar con expresións artísticas os espazos libres co fin de mellorar a paisaxe urbana e expoñer e difundir a obra de artistas urbanos representantes do novo arte contemporáneo, entendendo a cidade coma un lugar aberto á expresión artística e ofrecendo ao público un espectáculo único con diversidade de actuacións.
Vos proponemos como actividade seguir algunha das seguintes rutas propostas.
Cando:
Evento permanente
Lugar:
Rutas pola cidade de Vigo
Horario:
Exposición ao aire libre en varios espazos da cidade sen límite de horarios.
Prezo:
Acceso gratuito
Rutas pola cidade de Vigo
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100