Actualidade
Espectáculo para bebés – Aforo reducido
Xénero: teatro para bebés
Autoría: Bea Campos a partir do conto tradicional
Dirección e adaptación: Bea Campos
Escenografía, deseño de son e deseño de iluminación: J.M.Sagüillo
Vestiario: La Böcöque
Música: tradicional e Migallas Teatro
Elenco artístico: Bea Campos e Manuel Pombal
Idioma: galego
Idade recomendada: + 6 meses
Os tres porquiños é un espectáculo teatral para a cativada con monicreques, teatro, xogos tradicionais e música en directo. Unha proposta coidada e visual a partir dun dos contos tradicionais máis coñecidos da literatura infantil. Sons, texturas e cores captan a atención das nenas e nenos nunha proposta sinxela e divertida para gozar en familia.
Colaboran: AGADIC e a Rede Galega de Teatros e Auditorios
Cando:
Domingo, 13 de Febreiro de 2022
Lugar:
Praza do Rei 1
Horario:
Espectáculo para bebés – Aforo reducido
Hai 3 sesións: ás 11, ás 12:30 e ás 18 horas
Duración: 30 minutos
Prezo:
5 € (unha persoa adulta e un bebé).
O resto do público poderá sentar de balde no patio de butacas con visibilidade reducida ata completar capacidade.
As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, co mesmo prezo que no despacho de billetes):
• A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com
• Na Librería Librouro (Eduardo Iglesias 12, Vigo), en horario de luns a sábado, de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.
• O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles)
ABONOS (só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio):
ABONO Á CARTA 5: elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 10% de desconto sobre o prezo total.
ABONO Á CARTA 10: elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25% de desconto sobre o prezo total.
Praza do Rei 1
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100