Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Exposición "Francisco Fernández del Riego. Nos vieiros da arte galega"

En novembro do pasado ano o Concello de Vigo inaugurou a exposición “Francisco Fernández del Riego. Nos vieiros da arte galega” na pinacoteca viguesa que leva o seu nome, situada na rúa Abeleira Menéndez, número 8.
Máis de cen obras de arte e documentos das coleccións municipais (Quiñones de León, Colección Fernández del Riego, Colección Comodato Colmeiro), con achegas puntuais da Fundación Penzol, Editorial Galaxia, Afundación, permitían ofrecer unha lectura inexplorada ata a actualidade de Fernández del Riego: a súa intensa e frutífera relación cos artistas galegos do seu tempo. O seu papel principal, xunto con Luís Seoane fundamentalmente, na supervivencia e promoción dunha arte propia de Galicia, truncada nas súas brillantes iniciativas previas, pola guerra civil española e posterior posguerra.
A decisión da Real Academia Galega de dedicarlle o Día das Letras Galegas do vindeiro ano a Francisco Fernández del Riego levou ao Concello de Vigo a considerar a gran oportunidade de prorrogar esta exposición ata o 7 de xaneiro de 2024, para que vigueses e viguesas, galegos e galegas, poidan celebrar o feliz acontecemento visitando a mostra e afondando así no coñecemento do noso ilustre e lembrado persoeiro.

Cando:

Do 26 de Novembro ata o 7 de Xaneiro de 2024

Lugar:

Pinacoteca Francisco Fernández del Riego

  • Rúa de Abeleira Menéndez 8

Horario:

  • Martes a venres: De 18 a 21 horas.
  • Sábados: De 12 a 14 horas e de 18 a 21 horas.
  • Domingos: De 12 a 14 horas.

Prezo:

Acceso gratuíto.

Máis información:

Galería de fotos

Desde o 26/11/2021

Ata o 07/01/2024

Pinacoteca Francisco Fernández del Riego

Rúa de Abeleira Menéndez 8

Teléfono: 986226459

Web: http://www.museodevigo.org/pinacoteca_es.php

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100