Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Exposición THIS IS POP! DAS LATAS DE ANDY WARHOL ÁS TÚAS

63 producións de 29 artistas que abordan a arte Pop desde as súas orixes nos anos 50 ata os nosos días. Andy Warhol, Roy Lichtenstein, Robert Rauschenberg, Eduardo Paolozzi, Richard Hamilton, Peter Blake, Yayoi Kusama, Equipo Crónica, Equipo Realidad, Eduardo Arroyo, Rafael Canogar, Damien Hirst, Takashi Murakami, Jeff Koons, Yoshitomo Nara, Julian Opie, Mr., Shepard Fairey (Obey), Kaws, D*Face, Boamistura e Okuda, entre outros.

COMISARIA | Antonella Montinaro

«This is pop. Das latas de Andy Warhol ás túas», unha proposta enmarcada no programa «Cultura por alimentos», que a entidade acaba de poñer en marcha e que anima a que as persoas visitantes e usuarias de actividades de Afundación contribúan con alimentos non perecedoiros depositados nos colectores habilitados para seren doados aos bancos de alimentos. 

A mostra recompila 63 producións de 29 artistas que abordan a arte pop desde as súas orixes nos anos cincuenta ata os nosos días. Andy Warhol, Roy Lichtenstein, Robert Rauschenberg, Eduardo Paolozzi, Richard Hamilton, Peter Blake, Yayoi Kusama, Equipo Crónica, Equipo Realidad, Eduardo Arroyo, Rafael Canogar, Damien Hirst, Takashi Murakami, Jeff Koons, Yoshitomo Nara, Julian Opie, Mr., Shepard Fairey (Obey), Kaws, D*Face, Boamistura e Okuda, entre outros.

A arte pop foi un movemento xurdido a finais da década de 1950 en Reino Unido e Estados Unidos como reacción artística ante o expresionismo abstracto e que se caracterizou polo emprego de imaxes e temas tomados da sociedade de consumo e da comunicación de masas aplicados á arte. Utilizaban imaxes coñecidas cun sentido diferente para acadar unha postura crítica da sociedade de consumo. O neo-pop, pola súa parte, é unha corrente artística vivo exemplo da posmodernidade do século XX, onde ironía, repetición, apropiación, deconstrución e distintas linguaxes ou referencias xeran unha arte a veces kitsch e de matices mixtos. Non hai homoxeneidade, igualmente se utilizan como fonte de inspiración as imaxes da cultura popular ca os medios de comunicación de masas. Todos os artistas neo-pop teñen en común o feito de utilizar a iconografía dos cómics, dos debuxos animados, dos anuncios publicitarios ou incluso a da obra doutros artistas pop xa consagrados. Igualmente, se algo caracteriza a arte urbana do século XXI arredor do mundo é a súa heteroxeneidade. As intencións dos seus autores son moi diversas e variadas, non todos manexan a linguaxe da subversión e a ironía, non todos tratan de incitar no público reflexións sociais nin políticas, pero si buscan chamar a atención, sorprender ao ocuparen un espazo público non concibido inicialmente para albergar obras deste tipo, ao converteren a rúa nun museo ao aire libre. O que une todos estes movementos é un sistema referencial e subxectivo. Tratase duns estilos que regresan á realidade cotiá da vida diaria, unha cultura popular con protagonismo da televisión, as revistas ou os cómics.

Esta exposición inclúe unha selección de artistas que levan traballando a linguaxe pop desde as súas orixes a mediados do século XX ata os nosos días, realizando unha análise comparada das producións artísticas de EEUU, Reino Unido e España. A través dun percorrido multidisciplinar e de carácter divulgativo, o público poderá contemplar desde as serigrafías de Marilyn Monroe elaboradas por Andy Warhol, ata as famosas latas Campbell protagonistas da súa produción, ou a repercusión en España co Equipo Crónica, pasando pola arte pop en Reino Unido e a continuidade no pop urbano.

Esta exposición enmárcase no proxecto CULTURA POR ALIMENTOS lanzado por Afundación Obra Social ABANCA en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia. Entidades cruciais para atender a crecente demanda social provocada con motivo da crise económica vinculada á pandemia.

Entra aquí e infórmate polo miúdo sobre o programa CULTURA POR ALIMENTOS.

Cando:

Do 30 de Setembro ata o 27 de Novembro de 2021

Lugar:

Centro Afundación (Obra social Abanca)

  • RUA POLICARPO SANZ 24

Horario:

  • Luns a sábados 17.30 a 20.30 h

Prezo:

Gratuíta

Galería de fotos

Desde o 30/09/2021

Ata o 27/11/2021

Centro Afundación (Obra social Abanca)

RUA POLICARPO SANZ 24

Teléfono: 986120078

Web: https://www.afundacion.org

 

Concello de Vigo

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100