Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Exposición SON DE MAR

Abre a exposición "Son de Mar" na planta primeira da Casa das Artes, organizada con motivo da celebración da 4ª edición do Festival Underfest SON Estrella Galicia, coa colaboración do Concello de Vigo. O festival Underfest SON Estrella Galicia quere con esta exposición engadir unha visión artística dunha problemática presente que non se pode deixar de lado. Así, o Festival quere amosar á súa sensibilidade coa contorna onde se desenvolve e o seu compromiso firme coa sustentabilidade e o respectto polo medio ambiente e en especial a riqueza mariña da que disfrutamos desde a nosa terra.

Arte e ciencia danse a man nesta exposición para afondar na problemática do lixo mariño buscando que a súa mensaxe chegue ao espectador a través de todos os sentidos. Porque a arte transforma a fealdade en beleza. E transforma á súa vez a alma de quen a admira. Así, a dureza das cifras relacionadas cos residuos mariños e a contaminación convértese nesta exposición nunha realidade transformada, para invitar á reflexión. A arte abre os ollos de maneira máxica ante o lixo cotián, que en canto deixa de ser produto instantáneo de desexo e de consumo, desaparece das nosas mans. E o adoitamos esquecer, non o queremos ollar máis. Queremos que desapareza máxicamente das nosas vidas pero segue ahí, e seguirá no fondo do mar.

Mar de Fábula e Retoque Retro, dúas asociacións sen ánimo de lucro que limpan o mar, unidas pola afinidade artística dos seus fundadores, adoitan realizar exposicións conxuntas cheas de beleza espallando a mensaxe que trae o mar por toda a costa galega.  En ‘Son de Mar’ ambas entidades contaron coa colaboración do CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- organismo que promove a educación ambiental en todos os sectores sociales, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Obradoiros

A primeira fin de semana organizaranse obradoiros de Crebeiris impartidos por persoal do CEIDA. Trátase de unha actividade onde se fala da importancia de conservación dos océanos e ademáis levamos o material que se pode atopar nunha praia e, mediante unha breve presentación, trataremos de chegar á súa orixe, ó seu uso, por qué acabou no mar, por qué non se xestionou correctamente, que outras alternativas teríamos,... Debater sobre o greenwashing e as posibilidades que temos para levar a cabo a loita contra esta problemática. Serán o venres 8 de 19:00 a 20:00 h, e o sábado 9 de 12:30 a 13:30 h e de 19:00 a 20:00 h. A inscrición farase por orde de chegada até un máximo de 10 persoas por sesión.

A exposición permanecerá aberta ao público até o 7 de novembro.

Cando:

Do 7 de Outubro ata o 7 de Novembro de 2021

Lugar:

Casa das Artes

  • Rúa de Policarpo Sanz 15

Horario:

  • De luns a venres de 18 a 21h
  • Sábados: de 12-14h e de 18-21h
  • Domingos e festivos: 12-14h

Prezo:

Entrada gratuíta

Máis información:

Galería de fotos

Desde o 07/10/2021

Ata o 07/11/2021

Casa das Artes

Rúa de Policarpo Sanz 15

Teléfono: 986439525

 

Concello de Vigo

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100