Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Acuario do Museo do Mar

O Acuario amosa a pequena escala o tránsito submarino que vai desde o Museo até a costa atlántica das Illas Cíes, percorrendo tres ecosistemas: costa, ría e illas.

Na costa a influencia do home modificou o substrato e a columna de auga coa construción de peiraos e rompeondas. Neste hábitat alterado buscan refuxio especies como sardiñas, sargos, douradas, pintos, ollomois, congros, lumbrigantes e outros crustáceos e invertebrados.

Na ría, as alteracións proceden da existencia de bateas. A súa presenza transforma os fondos mariños de area en fondos limosos e con pouco osíxeno.

Ao achergármonos ás Illas Cíes atopamos un ecosistema virxinal e prístino. Nestas zonas de augas máis batidas predominan os percebes nas rochas e as algas calcáreas que forman os fondos de Maërl, con peixes peláxicos como as obladas, chopas, bogas e sardiñas, ou demersais como o abadexo.

Cando:

Evento permanente

Lugar:

Museo do Mar de Galicia

  • Avenida da Atlántida 160

Horario:

Horario de Inverno (16 setembro - 14 xuño):

  • Luns: Pechado (menos festivos, nos que rexerá o horario de domingo).
  • Martes a Domingo: De 10 a 14 horas e de 17 a 19 horas.

Horario de Verán (15 xuño – 15 setembro):

  • Luns: Pechado (menos festivos, nos que rexerá o horario de domingo).
  • Martes a Domingo: De 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
  • Os días 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro o Museo permanecerá pechado. Os días 24 e 31 de decembro só abrirá en horario de mañá.

Prezo:

Acuario (só acceso ao acuario):

  • 2 euros
  • Acuario reducido: 1 euros (estudantes, xubilados, parados, grupos de máis de 10 persoas, menores 18 anos).

Xeral (museo + acuario):

  • 3 euros (acceso a todas as instalacións).
  • Xeneral reducido: 1,50 euros (estudantes, xubilados, parados, grupos de máis de 10 persoas, menores de 18 anos).
  • Nenos menores de 8 anos e grupos de colexio: Gratis.

Galería de fotos

Acuario Museo do Mar
Acuario Museo do Mar
Acuario Museo do Mar
Acuario Museo do Mar
Acuario Museo do Mar
Acuario Museo do Mar

Evento permanente

Museo do Mar de Galicia

Avenida da Atlántida 160

Teléfono: 986247750

Web: http://www.museodomar.com

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100