Actualidade
O Museo do Mar de Galicia é un lugar onde comprender a larga vinculación histórica dos galegos co mar a través do seu aproveitamento e coñecemento.
Facendo o percorrido polas súas salas o visitante coñecerá a actividade pesqueira en tódolos seus ámbitos, así como o seu desenvolvemento no descorrer da historia: a pesca, o marisqueo e a acuicultura, os métodos de conservación, dende o primitivo salgado ata o moderno conxelado, os avances técnicos nas embarcacións ou a bioloxía mariña. O percorrido complétase cunha visita ao acuario do Museo, onde se poden observar os principais ecosistemas que se atopan entre o propio peirao do Museo e a costa acantilada das Illas Cíes. Comecemos pois unha visita que de seguro fará que a partir de hoxe o visitante se sinta un pouco máis mariñeiro.
Exposicións permanentes:
Cando:
Evento permanente
Lugar:
Museo do Mar de Galicia
Horario:
Horario de Inverno (16 setembro - 14 xuño):
Horario de Verán (15 xuño – 15 setembro):
Prezo:
Xeral (museo + acuario):
Acuario (só acceso ao acuario):
Avenida da Atlántida 160
Teléfono: 986247750
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100