Actualidade
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo organiza, dentro da súa programación de actividades no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, o seguinte Club de Lectura:
CLUB DE LECTURA:
Quen pode asistir ás sesións do Club de Lectura do CDRF?
• As persoas que, inscritas previamente, forman parte do grupo permanente. As participantes neste grupo reciben en préstamo os libros incluídos na programación .
• As persoas que, sen estar inscritas, desexan asistir a algunha reunión de xeito esporádico.
Con que periodicidade se reúne o club?
As sesións realízanse os derradeiros mércores de cada mes.
Horario: de 18:00 a 20:00
O programa inclúe un libro / lectura cada mes .
27 de setembro: Seique, de Susana Sánchez Arins. Relatora: Luísa Abad
25 de outubro: Os seres queridos, de Berta Dávila. Relatora: Anaír Rodríguez
29 de novembro: La habitación de Nona, de Cristina Fernández Cubas. Relatora: Mª Jesús Fariña
Como se desenvolven as sesións?
• O Club de Lectura do CDRF conta con relatoras diferentes para cada mes, mulleres escollidas dos distintos ámbitos sociais e culturais.
• As relatoras comentan os libros elixidos por elas mesmas (baixo o criterio de que as obras sexan de autoría feminina ou que teñan as mulleres como tema principal) e a partir da presentación ábrese o faladoiro literario entre as persoas participantes, que asisten ás sesións co libro lido.
*INSCRICIÓNS: presencialmente no CDRF ou tfno. 986 436 441
Máis información:
Centro de Documentación e Recursos Feministas
Biblioteca Pública de Vigo "Juan Compañel"
Joaquin Yáñez 6, 22
986 436 441
centro.documentacion.feminista@vigo.org
Cando:
Do 13 de Xaneiro ata o 30 de Xuño de 2023
Lugar:
Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. (2 andar da Biblioteca Pública "Juan Compañel\". r/Joaquin Yáñez,6-2 andar)
Horario:
18:00 a 20:00
Prezo:
De balde
Máis información:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100