Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Actividades na Praza de Compostela

Programadas actividades na Praza de Compostela  entre o 15 e o 20 de setembro, ambos incluídos. Como vén sendo habitual, serán de acceso gratuíto ata completar o aforo e seguindo un protocolo adaptado á normativa contra o coronavirus.

O ciclo inclúe os concertos do Festival de Música Clásica e Jazz, mais incorpora outras alternativas para o público familiar e infantil, por exemplo o ilusionismo de Pedro Volta, encargado de abrir as actuacións este mércores, 15 de setembro, ás 20 horas. Tomarán o relevo o Vigo Ensemble (o xoves 16 ás 20:30 horas) e a Orquestra Vigo 430 (o venres 17, desde as 21 horas).

A Alameda acollerá dous eventos o sábado, 18 de setembro: en horario de mañá, ás 12 horas, “A saco circo” para os máis pequenos e, ás 21 horas, a música de Abe Rábade Trío. O domingo 19 será a xornada forte con cinco opcións para o público: un obradoiro de percusión ás 11 horas, seguido do concerto de percusión Odaiko ás 12:30 horas, unha segunda sesión do obradoiro de percusión ás 17 horas, concerto infantil de Abmiram Quarter ás 18 horas e, ás 20 horas, concerto de percusión Pelepau. A última das actuacións programadas polo Concello queda reservada para o luns, 20 de setembro, desde as 20 horas: o concerto de percusión Toompak.

Cando:

Do 15 de Setembro ata o 20 de Setembro de 2021

Lugar:

Praza de Compostela

Horario:

 • Mércores 15:
       20:00 – 22:00 Pedro Volta. Espectáculo de ilusionismo
    • Xoves 16:
        20:30 – 22:30 Vigo Ensemble. Festival Jazz-Class
    • Venres 17:
        21:00 – 23:00 Orquesta 430. Festival Jazz-Class
    • Sábado 18:
        12:00 – 13:30 A Saco Circo. Actuación infantil
        21:00 – 23:00 Abe Rábade Trío. Festival Jazz-Class
    • Domingo 19:
        11:00 – 12:00 Treboada de Reciclados. Obradoiro de Percusión. Festival de Percusión Vigo Late
        12:30 – 13:30 Odaiko Percusión. ¡Vaia Circo!. Concerto infantil. Festival de Percusión Vigo Late

        17:00 – 18:00 BodyPercusión. Obradoiro de percución. 

        18:00 – 19:00 Abmiram Quartet. ¡Música na maleta! Concerto Infantil. Festival de Percusión Vigo Late
        20:00 – 22:00 Pelepau. Concerto. Festival de Percusión Vigo Late 
    • Luns 20:
        20:00 – 22:00 Toompak. Concerto. Festival de Percusión Vigo Late 

Prezo:

Entrada de balde ata completar o aforo (300 persoas)

Galería de fotos

Desde o 15/09/2021

Ata o 20/09/2021

 

Concello de Vigo

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100