Actualidade
Cara a finais do S.III d.n.e., nesta marxe Occidental do vasto Imperio Romano, as Villae xorden como o novo modelo de asentamento rural preferido polas familias principais que ocupan o territorio.
Trátase de residencias unifamiliares dotadas, na súa Pars Urbana ou doméstica, de elementos de luxo e prestixio que nos permiten facernos unha idea clara sobre o elevado status socioeconómico do que gozaban os seus propietarios.
Pero estas Villae non só eran grandes e luxosas residencias da elite Galaico-romana do momento, senón que xogan un papel capital na explotación dos recursos económicos do territorio. Así, na súa Pars Rústica ou frumentaria, estas familias ocupábanse da xestión do negocio que lles permitía manter o control sobre os medios de produción.
Intervida arqueoloxicamente ao longo da década dos 90, a Vila Romana de Toralla é unha das múltiples Villae a Mare que localizamos na Ría de Vigo, aínda que é a única integramente visitable.
Todo parece indicarnos que a súa parte produtiva se centrou no gran negocio do Vigo Romano: a obtención de sal e a conserva do peixe en salgaduras para a súa comercialización.
No Centro de Interpretación do Mundo Romano (CIMR) do Concello de Vigo, anexo a este xacemento, nesta visita poderán achegarse ao coñecemento do pasado romano da cidade de Vigo.
Cando:
Evento permanente
Lugar:
Rúa de Canido 42
Lugar:
Xacemento Arqueolóxico Municipal Vila Romana de Toralla
Horario:
Horario de inverno (outubro - xuño):
Horario de verán (xullo - setembro):
Prezo:
Entrada gratuíta
Rúa de Canido 42
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100