Actualidade

MARCO: Exposición Laía Argüelles Folch

Todavía siempre [Aínda sempre] reúne unha selección de obras dos últimos dez anos nos que Laía Argüelles Folch (Zaragoza, 1986) ten desenvolvido a súa metodoloxía de pensamento e composición, a partir da investigación e o traballo con materiais atopados en rastros, tendas de coleccionismo e librarías de vello de diversos países. Interesada no potencial das imaxes e a linguaxe como xeito de relación co mundo, a artista aborda aquí nocións como a materialidade, a colección e a repetición, mediante exercicios de montaxe, pregamento e despregamento. As obras materializan este interese pola natureza das imaxes e a súa capacidade de propor futuros posibles, á vez que apuntan á construción de significados non unívocos nin definitorios, senón abertos, móbiles, sensibles.

Esta exposición achégase á imaxe entendida como presenza en lugar de como representación, á traducibilidade entre imaxe e corpo ou ás (im)posibilidades de identificación. Mediante unha procura de imaxes asociada á busca de sentido, Todavía siempre afonda no uso da imaxinación como ferramenta para crear coñecemento e enriquecer a nosa capacidade de concibir o real.

Cando:

Do 28 de Xuño ata o 10 de Novembro de 2024

Lugar:

MARCO (Museo de Arte Contemporánea)

  • Rúa do Príncipe 54

Horario:

De martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00.

Domingos, de 11.00 a 14.30

Galería de fotos

cartel1

Desde o 28/06/2024

Ata o 10/11/2024

MARCO (Museo de Arte Contemporánea)

Rúa do Príncipe 54

Teléfono: 986113900

Web: http://www.marcovigo.com

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100