Actualidade

Programa de actividades da Casa das Mulleres para o período:abril-xuño 2024. Aberto prazo de inscrición

Aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20) no período comprendido entre o mes de abril ao mes de xuño de 2024.
  • OBRADOIRO DE CANTO  “CON VOZ PROPIA”
  • OBRADOIRO “COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS: TABLET E MÓBIL”
  • OBRADOIRO  "ASOCIACIONISMO FEMININO NAS REDES SOCIAIS"
  • CURSO "FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA MONITORADO DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E DE OCIO E TEMPO DE LECER"
  • CURSO "MULLER E SEXUALIDADE"

Proceso de inscrición:

  • Prazo de inscrición: dende a publicación da presente convocatoria e ata cubrir prazas.

  • Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición. O curso de formación en igualdade para monitorado de animación sociocultural e do ocio e tempo de lecer ten unha ficha específica.

  • Presentación da Ficha de inscrición: enviarase por vía telemática unha ficha asinada por cada unha das actividades solicitadas a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org

No caso que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres, de luns a venres de  17:30-21:30.

Criterios de admisión nas actividades: Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran ese mesmo obradoiro en pasadas edicións (agás as alumnas do obradoiro de canto “Con voz propia”). Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude.

Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con capacidade limitada.

  • Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono.

Cando:

Do 22 de Abril ata o 17 de Xuño de 2024

Lugar:

CASA DAS MULLERES. Romil 20

Prezo:

Gratuíto

Máis información:

Galería de fotos

Desde o 22/04/2024

Ata o 17/06/2024

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100