Actualidade

Programa de actividades no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo (abril a xullo 2024)

Programa de actividades que, durante o período de abril a xullo de 2024, acollerá o Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. (2º andar da Biblioteca Pública "Juan Compañel". r/Joaquin Yáñez,6-2º andar)

. CLUB DE LECTURA
. FALADOIROS
. PRESENTACIÓNS DE LIBROS
. OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á ESCRITA CREATIVA
. CHARLAS TEMÁTICAS E ENCONTROS VIRTUAIS CON ESCRITORAS CON ALUMNADO DE CENTROS DE ENSINO
. PRESENZA NA FEIRA DO LIBRO

Para participar no Club de Lectura ou no Obradoiro de iniciación a escrita creativa é preciso realizar inscrición previa e enviala ao Centro de Documentación (ficha de inscrición en formato editable adxunta). No resto de actividades o acceso é libre ata completar a capacidade do local.

Para calquera dúbida en relación coa programación pódese contactar co Centro de Documentación Feminista no seguinte horario: luns e venres, de 10:30-13:30, e de martes a xoves, de 16:00-20:30. Teléfono: 986 436 441. Mail:centro.documentacion.feminista@vigo.org

Para máis información sobre contidos, datas, horarios, etc, pódese descargar a programación completa nos arquivos adxuntos.

Cando:

Do 22 de Abril ata o 7 de Xullo de 2024

Lugar:

2 andar da Biblioteca Pública "Juan Compañel\". r/Joaquin Yáñez,6-2

Prezo:

Gratuíto

Máis información:

Galería de fotos

CDRF

Desde o 22/04/2024

Ata o 07/07/2024

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100