Actualidade

MARCO: Exposición de Bosco Caride. Indicios

Salas frontais e Galería B3, 1º andar

Comisariado: Jaume Vidal Oliveras

Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

A exposición Indicios reúne unha selección do traballo pictórico máis recente de Bosco Caride (Vigo, 1963). O título elixido é revelador das intencións do artista: obras que nos falan do que non representan, ao xeito dun artista-cronista que selecciona fragmentos da realidade, proxectados a través da pintura, que acaban conformando unha perspectiva do tempo que vivimos. Nubes que invaden toda a superficie pictórica, e que en ausencia dun horizonte e de calquera outra localización ou referencia espacial fan patente esa dualidade entre beleza plástica e unha presenza desacougante.

+ INFO  https://www.marcovigo.com/content/bosco-caride-indicios

 

Cando:

Do 21 de Marzo ata o 15 de Setembro de 2024

Lugar:

MARCO (Museo de Arte Contemporánea)

  • Rúa do Príncipe 54

Horario:

De martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00

Domingos de 11.00 a 14.30

Galería de fotos

cartel1

Desde o 21/03/2024

Ata o 15/09/2024

MARCO (Museo de Arte Contemporánea)

Rúa do Príncipe 54

Teléfono: 986113900

Web: http://www.marcovigo.com

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100