Actualidade
A Concellaría de Normalización Lingüística oferta este programa para o tempo de lecer.
ORAL de Galicia e alumnado do CIOV (Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo).
Ligazón co lugar da actividade (google maps)
A Regueifa é un desafío oral improvisado en verso cunha orixe que, debido ao seu carácter basicamente oral, se perde na noite dos tempos. A súa referencia máis próxima a nós di que durante o banquete das vodas campesiñas era tradición que a parella ou a madriña dos/as acabados/as de casar puxese a disposición dos/das que non foran convidados/as á celebración, un bolo de pan chamado “regueifa”. Ademais, a maneira de ver quen era a persoa á que lle cabía o honor de repartir a regueifa, molete ou biscachón entre os/as presentes era retarse dialecticamente entre eles/as, en verso, meténdose uns con outros, cos contraentes ou cos familiares destes, para ver quen facía gala do maior enxeño e mordacidade.
Na actualidade, os/as regueifeiros/as practícana de maneira esporádica cando son convidados/as por algún concello, algunha asociación cultural ou centro escolar para exhibir a súa habilidade en público. A confrontación realízase normalmente por parellas sen que interveña no enfrontamento dialéctico ningunha outra persoa, aínda que é relativamente habitual que cando hai varios/as regueifeiros/as ao final participen todos/as nunha roda na que cada quen fai unha copla.
Cando:
Venres, 6 de Agosto de 2021
Lugar:
Rúa da Ronda de Don Bosco
Horario:
Ás 21:00
Entrada libre ata completar a capacidade
Prezo:
Gratuíto
Máis información:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100