Actualidade

EMAO: Exposición "O Mapa", artesanía en coiro

"O Mapa", representa a sexta edición da Bienal do Coiro que a EMAO organiza desde o ano 2013, consolidándose como referencia obrigada neste ámbito da artesanía. A cada edición déuselle un enfoque singular que fixera visibles as propiedades artísticas e funcionais do coiro. Nesta edición, trabállase a idea da elaboración dun mapa no que os puntos de interese relacionados co coiro sexan as referencias xeográficas que nos poidan axudar a establecer un roteiro cos puntos "coiristicamente" máis representativos. Con esta exposición quérese comezar debuxando ese mapa por capas, establecendo un roteiro que una ás Escolas nas que se ensina a traballar o coiro mantendo vivo o oficio, á vez que outro roteiro una aos Museos, específicos ou cunha importancia relevante do coiro. Así, nesta exposición, únense Madrid, Igualada, Burgos, Vic, Pontevedra, Córdoba, Ubrique, Monforte de Lemos, Allariz, Silleda e Vigo, que é a orixe e destino desta viaxe no Coiro. O alumnado da Escola (actual e pasado) terá o seu protagonismo, achegando exemplos de traballos realizados. En paralelo, desenvolveranse actividades (másterclass, visitas, conferencias ...) que complementan o programa da Exposición.

Mentres as Escolas e os Museos sigan mantendo o seu esforzo na conservación e promoción do Coiro e os seus oficios, o traballo de moitos artesáns, que durante séculos ennobreceu este material, seguirá vivo ...

Comisariado: Pepe Pereira, mestre de Artesanía en Coiro da EMAO.
Cartaz: Alba Pardo Cartelle
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2024
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga

Cando:

Do 26 de Febreiro ata o 22 de Abril de 2024

Lugar:

Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO)

  • AVDA GARCIA BARBON 5

Horario:

De luns a venres, laborables de 19.00 a 21.00 horas (do 25 de marzo ao 1 de abril, de 11.00h a 13.00h)

Galería de fotos

cartel1

Desde o 26/02/2024

Ata o 22/04/2024

Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO)

AVDA GARCIA BARBON 5

Teléfono: 986228088

Web: http://bibliotecadaemao.blogspot.com/

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100