Actualidade

Club de Lectura no Centro de Documentación e Recursos Feministas

A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo organiza, dentro da súa programación de actividades no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, o seguinte Club de Lectura:


CLUB DE LECTURA:

Quen pode asistir ás sesións do Club de Lectura do CDRF?

• As persoas que, inscritas previamente, forman parte do grupo permanente. As participantes neste grupo reciben en préstamo os libros incluídos na programación .

• As persoas que, sen estar inscritas, desexan asistir a algunha reunión de xeito esporádico.

Con que periodicidade se reúne o club?

As sesións realízanse os derradeiros mércores de cada mes.

Horario: de 18:00 a 20:00

O programa inclúe un libro / lectura cada mes.

  • Mércores 31 de xaniero. Feliz idade de Olga Novo. A cargo de Silvia Penas
  • Mércores 28 de febreiro. Washington Square de Henry James. A cargo de Coral del Río
  • Mércores 20 de marzo. La analfabeta de Agota Kristof. A cargo de M. Xesús Fariña

Como se desenvolven as sesións?

• O Club de Lectura do CDRF conta con relatoras diferentes para cada mes, mulleres escollidas dos distintos ámbitos sociais e culturais.

• As relatoras comentan os libros elixidos por elas mesmas (baixo o criterio de que as obras sexan de autoría feminina ou que teñan as mulleres como tema principal) e a partir da presentación ábrese o faladoiro literario entre as persoas participantes, que asisten ás sesións co libro lido.


*INSCRICIÓNS: presencialmente no CDRF ou tfno. 986 436 441


Máis información:

Centro de Documentación e Recursos Feministas

Biblioteca Pública de Vigo "Juan Compañel"

Joaquin Yáñez 6, 22

986 436 441

centro.documentacion.feminista@vigo.org

Cando:

Do 19 de Xaneiro ata o 20 de Marzo de 2024

Lugar:

Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo R/ Joaquín Yañez 6, 2

Horario:

De 18.00 a 20.00

Prezo:

Gratuito. Con inscrición previa

Galería de fotos

Feliz idade
Washington Square
La analfabeta

Desde o 19/01/2024

Ata o 20/03/2024

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100