Actualidade

Aberto o prazo de inscrición para o programa de actividades da Casa das Mulleres: xaneiro-abril 2024

Aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20) no período comprendido entre o mes de xaneiro ao mes de abril de 2024:
 
OBRADOIRO DE CANTO  “CON VOZ PROPIA”
. OBRADOIRO “SÁCALLE PARTIDO AO TEU MÓBIL”
CURSO  "FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA PROFESIONAIS DO EIDO DA EDUCACIÓN E DO SOCIAL"
CURSO "INTRODUCIÓN Á TEORÍA CRÍTICA FEMINISTA. APROXIMACIÓN AOS DEBATES CONTEMPORÁNEOS

Proceso de inscrición para todos os cursos:

  • Prazo de inscrición: dende a publicación da presente convocatoria e ata cubrir prazas.

  • Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición. O curso de formación en igualdade para profesionais nos eidos social e da educación ten unha ficha específica.

  • Presentación da Ficha de inscrición: enviarase por vía telemática unha ficha asinada por cada unha das actividades solicitadas a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org

No caso que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30.

Criterios de admisión nas actividades: Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran ese mesmo obradoiro en pasadas edicións (agás as alumnas do obradoiro de canto para mulleres “Con voz propia”). Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude.

Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con capacidade limitada.

  • Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono.

Máis información nos documentos adxuntos

Cando:

Do 17 de Xaneiro ata o 30 de Abril de 2024

Lugar:

Casa das Mulleres. Rúa Romil, 20

Horario:

En función da actividade

Prezo:

Gratuíto. Con inscrición previa

Máis información:

Galería de fotos

Desde o 17/01/2024

Ata o 30/04/2024

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100