Actualidade

Exposición Alice Austen "Desfacer o xénero"

ALICE AUSTEN (1866 - 1952) foi unha das primeiras e máis prolíficas fotógrafas de Estados Unidos. Unha artista cunha forte sensibilidade estética e unha rebeldía que rachou coas limitacións da vida victoriana.

A súa fotografía sitúaa especificamente nun contexto contemporáneo como a muller moderna que foi e como quería ser representada. A imaxe provocativa e altamente escenificada de Austen e as súas amigas máis próximas, demostra a sensibilidade de Alice ao desafiar os roles de xénero.

En xuño de 2017, Alice Austen House, onde Austen e a súa compañeira de vida, Gertrude Tate, viviron xuntas durante case 30 anos, quedou asignada en EEUU como un espazo emblemático da historia LGBTQ.

Neste escenario familiar, aos 11 anos, Alice Austen, recibe do seu tío un aparello fotográfico e axudada por outro dos seus, un profesor de química, aprende desde moza a teoría necesaria para realizar as fotografías. A invención fascinoulle inmediatamente coa cal dedicou 40 anos da súa vida a unha produción constante con máis de 8.000 imaxes.


Austen non era soamente fotógrafa, por encima de todo foi unha muller independente con varias facetas. Paisaxista, atleta e tenista recoñecida, un punto importante na súa traxectoria, que revela os seus posicionamentos na sociedade en que vivía, foi o grupo de imaxes que realizou para Maria Ward no seu libro Bicycling for Ladies. A bicicleta quedou como un factor crave e amplamente recoñecida por despexar o camiño cara ao sufraxio feminino nos Estados Unidos.

A exposición formou parte da última edición de Photoespaña e presentouse en Madrid no Museo Nacional do Romanticismo. Chega agora ao Pazo de Castrelos na única itinerancia a nivel español que se fai da mostra.

A mostra permanecerá aberta ao público até o 31 de marzo.

 

Cando:

Do 30 de Novembro ata o 31 de Marzo de 2024

Lugar:

Museo-Pazo Quiñones de León

  • Rúa do Pazo (Castrelos) 1

Horario:

De martes a venres (laborables) de 10.00 a 14.00 h.

Sábados de 17.00 a 20.00 h.

Domingos e festivos de 11.00 a 14.00 h.

Máis información:

Galería de fotos

cartel1

Desde o 30/11/2023

Ata o 31/03/2024

Museo-Pazo Quiñones de León

Rúa do Pazo (Castrelos) 1

Teléfono: 986295070

Web: http://www.museodevigo.org

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100