Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Colección de Pintura Europea

O Museo Municipal "Quiñones de León" é unha institución singular en Galicia. A súa sede principal, o Pazo de Castrelos, é unha mostra senlleira da arquitectura nobiliaria galega. Posúe unha valiosa colección artística, arqueolóxica e histórica, coidados xardíns no exterior e un amplo parque ao seu redor. Todo o conxunto, pazo, coleccións, xardíns e parque están catalogados como Ben de Interese Cultural.

A colección de Pintura Europea posúe un total de 128 obras de arte coas que se percorren as máis importantes escolas pictóricas europeas dos séculos XVI a XIX: italiana, holandesa, flamenga, francesa, alemá, española ou inglesa. A variedade temática inclúe todos os xéneros: paisaxe, retrato ou bodegón, entre outros.

Os cadros desta colección proceden na súa meirande parte do legado de Policarpo Sanz e de depósitos realizados, pouco antes de se iniciar a Guerra Civil, polo Museo do Prado e o antigo Museo Nacional de Arte Moderno, actualmente o Reina Sofía.

Cando:

Evento permanente

Lugar:

Museo-Pazo Quiñones de León

  • Rúa do Pazo (Castrelos) 1

Horario:

  • Martes a venres: De 10 a 14 horas.
  • Sábados: De 17 a 20 horas.
  • Domingos e festivos: De 11 a 14 horas.
  • Pechado todos os luns, incluídos os festivos, e os días 1 e 6 de xaneiro, 24, 25 e 31 de decembro.

Prezo:

Entrada gratuíta

Galería de fotos

Museo Quiñones

Evento permanente

Museo-Pazo Quiñones de León

Rúa do Pazo (Castrelos) 1

Teléfono: 986295070

Web: http://www.museodevigo.org

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100