Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Actividad náutica: "Rutas pola Ría de Vigo"

Concello de Vigo, a través do seu programa Verán Xove 2021, pon en marcha tres rutas guiadas pola pola Ría de Vigo destinadas á poboación infantil e xuvenil e ás súas familias, co obxecto de ofertar un tempo de lecer familiar, educativo e cultural.

As actividades de Rutas pola Ría de Vigo 2021 van dirixidas aos nenos e nenas e as súas familias, sendo requirimento imprescindible estar empadroado/a no concello de Vigo.

Actividades:

  • Ruta de un día nas Illas Cíes que inclúe viaxe en barco, ruta guiada e actividades de animación. (*non se inclúe a comida). Nesta actividade poderá participar o/a pai/nai, titor/a xunto cos/coas seus/súas fillos/as. No caso de ser familia numerosa poderá engadir ao outro pai/nai/titor/a.
  • Ruta guiada pola ría viguesa que terá como temática a literatura, a historia e os recursos naturais. Así mesmo con esta actividade preténdese poñer en valor a acuicultura da ría de Vigo. Con saída dende o Real Club Náutico. A duración será de 1:30 horas.
  • A bordo do buque oceanográfico Nautilus, deseñado especificamente para a investigación, a divulgación científica e ambiental o/as participantes poderán vivir unha experiencia educativa e entretida nun percorrido fascinante pola ría de Vigo de de 1:30h de duración.

Información de datas e idades: RUTAS POLA RÍA DE VIGO

CÓMO SOLICITAR AS RUTAS?

1º Rexistro do/a pai/nai, titor/titora na ÁREA PRIVADA.
2º Rexistro dos/as nenos/as.
3º Solicitar ruta.
4º ESPERAR A COMUNICACIÓN DA NAVIEIRA CONFIRMANDO A PRAZA OU NON.

Cando:

Do 1 de Xullo ata o 26 de Setembro de 2021

Horario:

  • Divulgación do coñecemento da ría”. Os participantes percorrerán a ría de Vigo a bordo do buque oceanográfico Nautilus e poderán vivir unha experiencia educativa e entretida. O Concello oferta 1.800 prazas para estas rutas de 1:30 horas de duración para nenas e nenos de entre 8 e 16 anos. Están programadas en xullo, agosto e setembro, os martes, xoves e mércores en diferentes horarios.
  •  “Un mar de Verne”. Trátase dun roteiro guiado en barco pola ría con temática de literatura, historia e recursos naturais, as xestas acontecidas na ría... Cunha hora e media de duración e para a mocidade de entre 8 e 16 anos, celébranse os martes e xoves de xullo, agosto, setembro e outubro.

Prezo:

Gratuíto

Galería de fotos

Desde o 01/07/2021

Ata o 26/09/2021

 

Concello de Vigo

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100