Actualidade

MARCO: Exposición de Juan Giralt

Trátase da exposición máis extensa ata agora adicada a Juan Giralt (Madrid, 1940-2007), un dos artistas máis suxestivos e singulares da xeración pictórica que protagonizou en España o cambio do século. Virtuoso da cor, reactivo á solemnidade e afecto ao humor e ao xogo metapictórico, Juan Giralt demostrou moi cedo unha vontade de busca, de fuxida dos estereotipos e os encadramentos que o levaría a experimentar con diversas linguaxes.

Este proxecto repasa superficialmente as etapas previas do seu traballo e céntrase neses anos de plenitude, entre finais dos oitenta e a súa morte en 2007, nos que o seu estilo alcanzou un peso de clásico. A pegada do seu desinhibido eclecticismo e do seu peculiar tratamento do espazo pictórico, ao que incorpora a técnica de colaxe, é rastrexable en moitos artistas posteriores. Pintura no arma, construída á vista, de síntese, de conciliación entre extremos, intelectual e fría, pero ao mesmo tempo fortemente emocional, salpicada de palabras pintadas, de obxectos evocados da vida cotiá, de xanelas tras as que se insinúan outeiros, de anacos de carteis publicitarios, de láminas escolares, de fotos…

Pintor de pintores, respectado e influente, Juan Giralt non obtivo non obstante a proxección que a súa brillante traxectoria merecería. Con esta exposición, na que se reúnen obras sobre lenzo e papel de pequeno e gran formato, o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, únese ao esforzo por reivindicalo.

SOBRE O ARTISTA

https://www.juangiralt.com/

Cando:

Do 22 de Setembro ata o 25 de Febreiro de 2024

Lugar:

MARCO (Museo de Arte Contemporánea)

  • Rúa do Príncipe 54

Horario:

Inauguración venres 22 de setembro 20:00 h.

De martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00

Domingos de 11.00 a 14.30

Galería de fotos

cartel1

Desde o 22/09/2023

Ata o 25/02/2024

MARCO (Museo de Arte Contemporánea)

Rúa do Príncipe 54

Teléfono: 986113900

Web: http://www.marcovigo.com

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100