Actualidade

MARCO: Exposición de Concha Martínez Barreto, Cando remata o día

A obra de Concha Martínez Barreto (Fuente Álamo, Murcia, 1978) salienta pola súa fidelidade a un núcleo de temas e obsesións que, mediante técnicas moi diversas, se instalan ineludiblemente entre o pasado e o vivencial. Lonxe de ter un carácter simplemente confesional, na súa obra prevalece a ocultación e o misterio, amosando a dificultade de acceso aos temas principais que entretecen o seu traballo: temores, anhelos e tristezas.

Cando remata o día, remite a un tempo nocturno, entendido como ese lugar de soidade e despoxamento do superfluo onde a artista se reatopa co pasado, co agochado, cos medos máis primarios, se cadra non tan afastados dos da nosa infancia. Todas as obras da exposición convocan medos e desexos, afectos e traumas: unhas cartas que ao borrarse reescríbense; unhas pinturas que agochan máis do que amosan; o niño inapreciablemente amalgamado con veleno; os días e os seus baleiros; uns paxaros que baten as ás desesperados por non caer; as miradas dos dormentes profundamente escavadas no tempo ou a casopa que é á vez refuxio e intemperie... aluden, todas elas, á incerteza e a como o desamparo habita no centro da noite.

Este proxecto concibido para o MARCO é o máis ambicioso na traxectoria de Martínez Barreto, e está articulado, como é habitual nas súas exposicións, a través de traballos pictóricos, fotográficos e escultóricos. En canto á pintura –parte esencial da súa obra–, preséntanse obras de nova produción que serven como unha especie de fío condutor entre todas as pezas.

SOBRE A ARTISTA

http://www.conchamartinezbarreto.com

Cando:

Do 14 de Xullo ata o 14 de Xaneiro de 2024

Lugar:

MARCO (Museo de Arte Contemporánea)

  • Rúa do Príncipe 54

Horario:

De martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00

Domingos de 11.00 a 14.30

Galería de fotos

cartel1

Desde o 14/07/2023

Ata o 14/01/2024

MARCO (Museo de Arte Contemporánea)

Rúa do Príncipe 54

Teléfono: 986113900

Web: http://www.marcovigo.com

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100