Actualidade

Pinceladas do esquecemento. Elina Molins e Blanca Chao. Artistas viguesas no século XIX

Máis de 100 anos tiveron que transcorrer para que se presente nun centro de arte a obra destas dúas grandes pintoras de Vigo: Elina Molins, Blanca Chao. Autoras que ata hoxe practicamente non existían. Mudou a súa época, a súa historia agochouse en pequenas notas de hemeroteca. Os seus magníficos cadros sen embargo permanecían, ocultos en domicilios particulares, maiormente en man dos seus descendentes, fóra en definitiva da mirada pública.
 
O museo municipal “Quiñones de León” ten a honra de sacar da sombra do esquecemento estas obras de asombrosa factura e calidade, moi por riba do que se esperaría dunhas pinturas de afeccionadas. Cerca de 40 pezas presentadas baixo unha mirada actual e contemporánea; poñendo en valor, en definitiva, ás dúas pintoras, facéndoas accesibles á mesma comunidade que as veu nacer máis dun século antes, a cidade de Vigo.
 
As lembranzas sobre lenzo de dúas mulleres da alta burguesía viguesa que pintaban as súas paisaxes preferidas... Vigo, Baiona, A Toxa, Sevilla, Biarritz; que facían retrato dos seres queridos e dos anónimos, persoas, mascotas...; de esceas que falan da súa vida íntima e cotiá. Estas obras presentadas no seu contexto social e cultural arroupadas meticulosamente por outros cadros, moitos asinados por mulleres; por documentos, obxectos persoais... préstamo de particulares e de institucións como o Museo de Pontevedra, a Fundación Penzol ou a Fundación Rosalía de Castro.

En definitiva unha exposición reveladora que sen dúbida vai marcar un antes e un despois na historia da creación plástica feminina en Galicia, na historia da arte galega.

 

A mostra permanecerá aberta ao público até o 21 de xaneiro.

Cando:

Do 28 de Xullo ata o 21 de Xaneiro de 2024

Lugar:

Pinacoteca Francisco Fernández del Riego

  • Rúa de Abeleira Menéndez 8

Horario:

Inauguración: venres, 28 de xullo, ás 11:30 h, na planta baixa da Pinacoteca FFR (Rúa Abeleira Menéndez, 8).

Martes a Venres de 18.00 a 21.00 horas

Sábados de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas

Domingos e Festivos de 12.00 a 14.00

Luns pechados (incluídos festivos)

Máis información:

Galería de fotos

cartel1

Desde o 28/07/2023

Ata o 21/01/2024

Pinacoteca Francisco Fernández del Riego

Rúa de Abeleira Menéndez 8

Teléfono: 986226459

Web: http://www.museodevigo.org/pinacoteca_es.php

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100