Actualidade

Exposición permanente MUSEO VERBUM

Proxectado polo arquitecto galego César Portela e situado na contorna da praia de Samil, o Verbum - Casa das Palabras é un museo interactivo sobre todos os ámbitos relacionados coa comunicación humana; está deseñado como un espazo cultural, lúdico e divulgativo no que se pode participar dun modo activo nos elementos expositivos. Estrutúrase en catro andares unificados por unha caixa de luz que os atravesa e os relaciona, semellando un conxunto de caixas chinesas que se conteñen as unhas ás outras.

O museo é un espazo de entretemento que permite experimentar e coñecer, a través de xogos, todo o relacionado coas linguaxes, os idiomas, as palabras, as letras, os sons, os signos, os símbolos, a vista, o oído, a lectura, a escrita, a literatura e a tecnoloxía.

O deseño expositivo organízase en 29 cubos que conteñen, no seu interior, un total de 81 módulos que desenvolven os distintos temas do museo: linguaxe, ciencia, literatura e tecnoloxía. Ademais, o museo organiza actividades interactivas destinadas a escolares, asociacións culturais, familias, etc.

Alberga tamén unha Sala de Exposicións Temporais, así como un auditorio e unha aula para seminarios.

Cando:

Evento permanente

Lugar:

Museo Verbum (Casa das palabras)

  • Avenida de Samil 17

Horario:

  • De martes a venres.- De 17,00 a 20,00 h
  • Sábados, domingos e festivos.- De 12,00 a 14,00 h
  • Luns pechado (incluídos festivos)

    Pechado:

    • Luns (excepto os que coincidan en festivo).
    • 1 e 6 de xaneiro.
    • 24, 25 e 31 de decembro.

    Prezo:

    Entrada gratuita

    Galería de fotos

    Museo Verbum
    Museo Verbum
    Museo Verbum
    Museo Verbum
    Museo Verbum
    Museo Verbum

    Evento permanente

    Museo Verbum (Casa das palabras)

    Avenida de Samil 17

    Teléfono: 986240130

     

    Concello de Vigo

    Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100