Actualidade

La La Love You

La La Love You son unha banda de Parla (Madrid) que está facendo historia e conseguiu o impensable: en outubro de 2020 e pelexando coas bandas mais mainstream das multinacionais mais poderosas, lograron alzarse co Premio MTV EMA a Mellor Artista Español, en decembro do 2021 recibiron o Dobre Disco de Platino por "El Fin del Mundo", canción que está batendo records e leva xa mais de 70 semanas no top do mais streameado en España, experimentando unha espectacular subida nos últimos meses e sendo un dos principais trends de Tik Tok. En marzo de 2021 resultaron galardoados como Artista Revelación nos Premios Odeón, os más importantes da música española, ademais de nomeados aos Premios da Música Independente. Pero se repasamos os seus logros dos últimos años vemos que é totalmente merecido. Case 100 millóns de reproducións en Spotify aválano.

Actualmente están preparando o seu novo álbum e están lanzando novos singles como "La canción del verano" -unha canción directa e pegadiza, cun pouso triste, pero fiel ao estilo enerxético da banda -, a divertida "El día de Huki Huki", cun feat. da cantante galega Dani e arranxos de Carlos Sadness, o hitazo directo marca da casa "Big Bang" con Delaporte e este nadal sorprenderon cunha alianza moi especial: unha versión glampunk da mítica "Tenía tanto que darte" de Nena Daconte coa mismísima Nena Daconte.

Desde Parla -un barrio do arrabalde de Madrid-, coa compañía independente Subterfuge respaldándoles, La La Love You son, sen dúbida, coa súa canción "El Fin del Mundo", un dos grandes fenómenos musicais da década.

La La Love You son tamén un dos nomes imprescindibles de calquera festival de verán, esgotan todas as entradas das grandes salas onde van e xiraron por Xapón e Chile e moi pronto estarán en México. E non perderon o seu espíritu de ser, ante todo, unha banda de 4 amigos que gozan facendo música.

"El Fin del Mundo" publicouse a principios do 2020 e con certo aire premonitorio no seu título, foi unha das cancións que animaron balcóns -onde a xente confinada salíá aplaudir aos sanitarios e saudar aos seus confinados veciños-, logró converterse en canción do verán e segue no mais alto das cancións mais escoitadas (e vendidas) do noso país. Tampouco quedan atrás en millóns de escoitas cancións como "Más colao que el colacao", "Laponia" e "Irene".

Formados en 2007 e sempre no ambiente do power-pop, en xuño de 2019 fíxose xustiza. As cancións de punk-pop de refráns irresistibles, frescas, directas e optimistas de produción impecable La La Love You só necesitaban un minuto de exposición masiva -que os  medios negáronlles nos seus comezos- para que a mocidade descubrise á súa nova banda favorita. Amaya dixo en "La Resistencia" que era a banda que estaba a escoitar nese momento. E tan só un minuto bastó para que a xente entrase a escoitar e sentise un flechazo fulminante -meteron 7 cancións no Top Viral de Spotify- que non só se mantén senón que o grupo logrou xa por si mesmo e co impulso do seu discográfica, con ampla experiencia en abrir ao público masivo a bandas underground e chegar a millóns de persoas.

Pero o verdadeiro pelotazo llegó con "El Fin del Mundo" e multiplicouse exponencialmente levando a David, Celia, Rober e Óscar, a La La Love You, a relacionarse actualmente cos grandes.

Cando:

Sábado, 1 de Xullo de 2023

Lugar:

Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo

  • AVDA BEIRAMAR 59

Horario:

21.00 h.

Prezo:

Venda de entradas en https://www.teuticket.com

Galería de fotos

cartel1

Desde o 01/07/2023

Ata o 01/07/2023

Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo

AVDA BEIRAMAR 59

Teléfono: 986137940

Web: http://www.auditoriomardevigo.com/

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100