Actualidade

Sílvia Pérez Cruz

“Aterrados

buscan una flor familiar donde guarecerse

y les asusta la inmensidad del campo.”

William Carlos Williams

Empecé a compoñer este novo traballo o día 21 de marzo de 2020. O grabei durante un ao en varias cidades: Barcelona, Pontós, Madrid, Jerez, Buenos Aires, Coatepec (México) e A Habana. Durante a creación de "Género imposible" (2020-2022) Elena Córdoba ensinoume este precioso poema de William Carlos Williams que vertebrou ese espectáculo, este disco e a miña vida enteira. Ordenar a inmensidade flor a flor.

Cando tiña 18 anos contáronme que un samurai antes de facerse o harakiri dibuxou un haikú en forma de círculo. Dibuxei e gardéi durante ans este círculo, esta portada; Ese trazo marabilloso simboliza moitas cousas: a alma, o corpo, sen principio, sen fin, equilibrio, sinxeleza…

Un disco

Un concerto

Como unha vida enteira

Como un día

De sol a sol

Circular

Toda a vida, un día

5 movementos

5 idades

5 cores

É un traballo que nace da soidade con vontade de unir soidades: de ahí a contraposición da intimidade dunha voz e unha guitarra co coro. O canto compartido, a disolución do eu, a salvación. Gústame imaxinar que aquí o coro son todos vostedes. Cantemos.

  • Sílvia Pérez Cruz: voz, guitarra, teclados, sintetizadores
  • Carlos Montfort: violíns, percusión, coros
  • Marta Roma: violoncelo, trompeta, coros
  • Bori Albero: contrabaixo, coros
  • Juan Casanovas: técnico de son
  • Isa da Moreira: operadora de luces e vídeo

Cando:

Sábado, 24 de Xuño de 2023

Lugar:

Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo

  • AVDA BEIRAMAR 59

Horario:

21.00 h.

Prezo:

Venda de entradas en https://www.teuticket.com

Galería de fotos

cartel1

Desde o 24/06/2023

Ata o 24/06/2023

Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo

AVDA BEIRAMAR 59

Teléfono: 986137940

Web: http://www.auditoriomardevigo.com/

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100