Actualidade

Visita a Vigozoo

Vigozoo é o único parque zoolóxico que existe en Galicia. Está situado no monte da Madroa, a 300 m do nivel do mar e a uns 10 km do centro da cidade. Conta cunha superficie de 55.676 m².

Foi constituído como fundación pública polo Excelentísimo Concello de Vigo, por acordo plenario do 26 de febreiro de 1970, creado por iniciativa de D. Rafael Portanet cando era alcalde de Vigo, e construído polo seu sucesor no cargo, D. Antonio Ramilo Fernández-Areal.

Inaugurouse o 18 de xullo de 1971. Por acordo plenario do 23 de febreiro de 1990, cambia a súa denominación de Fundación Pública Municipal Parque Zoolóxico da Madroa, pola actual de Organismo Autónomo Municipal "Vigo-Zoo".

Instalacións

  • Aves e mamíferos: formada por representantes de diferentes especies animais de África, Europa, América e Oceanía, con interesantes exemplares de cada continente.
  • Exotarium: situado no edificio de usos múltiples, conta cunha gran superficie onde se dan cabida a máis de 50 especies de insectos, arácnidos, anfibios e reptis, presentados en instalacións naturalizadas. No aviario e bolboretario expóñense aves durante todo o ano, mentres que as bolboretas só están presentes durante os meses de verán, cando as condicións son óptimas.
  • Salón de actos: atópase no edificio de usos múltiples, ten unha capacidade para 81 persoas e conta cun moderno equipo audiovisual no que se realizan proxeccións de temática variada para o público visitante.
  • Naturolab - Laboratorio da natureza: situado nas proximidades do auditorio, funciona todos os días agás o luns, en modo de exposición continua e interactiva. Nel poderás tocar e observar as incribles ferramentas que os animais empregan para sobrevivir.
  • Novo Nocturama: en proceso de naturalización e enriquecemento ambiental, ocupa o lugar da antiga instalación de primates. Acollerá unha pequena colección de animais con hábitos preferentemente nocturnos, que seran observables en penumbra para poder apreciar mellor como sería a súa actividade nun medio similar ao natural.
  • Granxa escola e invernadoiro: situada preto da entrada do zoo. Os primeiros recintos albergan distintos animais domésticos e as súas crías.
  • Sala de exposicións non permanentes: situada sobre a cafetaría, a sala contén exposicións temporais de contidos variados referentes á natureza e o medio ambiente.
  • Cafatería e tenda de recordos: situadas moi preto da entrada.

Cando:

Evento permanente

Lugar:

A Madroa. Plaza de los Leones s/n

Horario:

  • De abril a setembro: de 11 a 20 horas
  • Febreiro, marzo e outubro: de 11 a 19 horas
  • Novembro e decembro: de 11 a 18:30 horas
  • Pechado:
    • Do 1 de xaneiro ao 22 de febreiro
    • Os luns de marzo, outubro, novembro e decembro salvo festivos.

Prezo:

  • Nenos de 0  a 2 anos:
    • Gratuíto
  • Nenos de 3 a 16 anos:
    • 2,60 € (días laborables e sábados ata as 15:00 horas. Deberán ir acompañados por un adulto)
    • 3,20€ (sábados a partir das 15:00 horas, domingos e festivos todo o día. Deberán ir acompañados por un adulto)
  • Adultos (17 a 64 anos):
    • 5,25€ (días laborables e sábados ata as 15:00 horas)
    • 6,25 € (sábados a partir das 15:00 horas, domingos e festivos todo o día)
  • Xubilados e pensionistas
    • 2,60 € (días laborables e sábados ata as 15:00 horas)
    • 3,20 € (sábados a partir das 15:00 horas, domingos e festivos todo o día)
  • Tarifas especiais
    • 1,75 € (carnet novo, persoas con discapacidade, tarxetas turísticas ou promocionais do Concello de Vigo e usuarios de promociones levadas a cabo por empresas colaboradoras de VigoZoo)
    • Outros descontos (familia numerosa)

Galería de fotos

Mamba verde
Nocturama
Tigre
Lince europeo

Evento permanente

A Madroa. Plaza de los Leones s/n

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100