Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Imposible! Vestidos especulativos

A exposición, comisariada por Lola Dopico, dá continuidade a un territorio de investigación que xa se comezou a explorar en «Especulacións utópicas. O corpo como lugar de interseccións entre arte e moda», unha exposición desenvolvida en colaboración coa Sala do Palacio Fonseca na Universidade de Santiago de Compostela en 2019.

Retómase o marco da investigación proposto xa nesa ocasión e que se articula ao redor do corpo como campo de xogo e de experimentación artística. Unha liña de traballo que atopamos subliñada no conxunto de obras que constitúen a mostra agora presentada e que, neste caso, flúe conceptualmente desde o entendemento do corpo atravesado por concepcións e por perspectivas extremas.

As visións propostas polo conxunto de creadores e creadoras seleccionados permítennos observar escintileos e fragmentos sobre unha posible concepción límite do corpo. É dicir, que a exposición non é tanto un conxunto de propostas de moda ou de tendencias do panorama de estilo ou do que «levar» actual, senón un conxunto de carácter especulativo onde o vestido se conforma como artefacto artístico no que este se ve vinculado a unha comprensión extrema o feito de vestir o corpo.

O corpo, como primeiro lugar no que «habitamos», é, en consecuencia, o lugar onde se confecciona a identidade. Corpo, vestido e contexto estratificados para formar un chan fértil no cal emerxen e se configuran novas identidades.

Cando:

Do 1 de Xullo ata o 5 de Setembro de 2021

Lugar:

Casa Galega da Cultura

  • Rúa da Princesa 2

Horario:

  • De luns a venres de 18,00 a 21,00 h.
  • Sábados de 12,00 a 14,00 h e de 18,00 a 21,00 h.
  • Domingos e festivos de 12,00 a 14,00 h

Prezo:

Entrada gratuíta

Máis información:

Galería de fotos

Desde o 01/07/2021

Ata o 05/09/2021

Casa Galega da Cultura

Rúa da Princesa 2

Teléfono: 986226459

 

Concello de Vigo

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100