Actualidade
Organiza: Fundación Penzol
Mostra fotográfica e bibliográfica organizada pola Fundación Penzol co gallo da dedicatoria pola Real Academia Galega do Día das Letras Galegas, da que foi o seu presidente entre 1997 e 2001.
Instalada no vestíbulo da Casa Galega da Cultura (praza da Princesa 2, Vigo), trátase dunha mostra fotobiográfica dividida en tres períodos: 1913-1939; 1940-1974 e 1975-2010, impresa sobre paneis que percorren sinteticamente a traxectoria dunha personalidade de máxima relevancia na cultura galega contemporánea. Complétase a instalación cunha mostra bibliográfica que recolle unha selección da súas obras máis significativas así como doutras de diferentes autorías que tratan sobre a súa figura.
O conxunto pretende ser unha introdución á súa obra e ás súas intensas e extensas actividades a prol de Galicia e da súa cultura. Tamén unha invitación a coñecer a Casa Galega da Cultura, que acolle a súa biblioteca, arquivo e museo —doazón que realizou “ao pobo de Vigo” en 1995—, así como a biblioteca e o arquivo da Fundación Penzol, que Del Riego dirixiu desde a súa creación en 1963 ata pouco antes do seu falecemento en 2010.
Cando:
Do 16 de Febreiro ata o 17 de Decembro de 2023
Lugar:
Vestíbulo da Casa Galega da Cultura
Lugar:
Casa Galega da Cultura
Horario:
Horarios:
Luns a venres, de 9:00 a 14:00 h
Con exposición activa na planta baixa:
Luns a venres, de 18:00 a 21:00 h
Sábados, de 12:00 a 14:00 h e de 18:00 a 21:00 h
Domingos e festivos, de 12:00 a 14:00 h
Prezo:
Actividade gratuíta
Rúa da Princesa 2
Teléfono: 986226459
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100