Actualidade
Música P. Tchaikovsky
Coreografía: A. Sharaev e Mariana Rusu
Ballet Clásico Internacional
Duración: 2 horas cun descanso.
O Crebanoces, coa xenial música de P. Tchaikovsky, espectacular escenografía de Eugeny Gurenko e magníficos solistas de prestixio mundial, é unha inesquecible Festa Do Nadal.
Durante a fantástica noite de Nadal que vive Marie, grazas á maxia de Drosselmeyer, no seu soño a protagonista presenciará a batalla dos malvados ratos e os soldaditos de chumbo, o seu xoguete Crebanoces converterase nun belo príncipe, e xuntos a través das terras nevadas aparecerán no Palacio Máxico, onde os seus xoguetes cobrarán vida e todos xuntos gozarán dunha festa inesquecible.
O Ballet Clásico Internacional, dirixido por Andrey Sharaev e en colaboración co Royal Czech Ballet, é unha produción de Tatiana Solovieva Producións, unha empresa que se caracteriza por querer compartir con España os espectáculos máis belos que existen, sempre da mellor calidade e co maior respecto e coidado dos detalles. As producións levan recibindo desde hai 30 anos premios, entre os que destacan o Premio ao Mellor Espectáculo de Danza de 2013, 2015 e 2018 do Teatro Rojas de Toledo e o Premio ao Mellor Espectáculo de Danza de Vigo 2008, elixidos por votación popular.
Cando:
Sábado, 11 de Febreiro de 2023
Lugar:
Teatro Afundación
Horario:
20.00 h.
Prezo:
Venda de entradas en: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas
RUA POLICARPO SANZ 13
Teléfono: 986447369
Web: https://www.afundacion.org/es/centros/centro/centro_cultural_afundacion_vigo
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100