Actualidade

Colección permanente de Laxeiro

A Fundación Laxeiro en Vigo é a mellor forma de descubrir a José Otero Abeledo. Máis coñecido como Laxeiro (Lalín, 1908–Vigo, 1996), este vigués de adopción é unha figura clave na historia da pintura galega.

A exposición permanente está integrada por máis de 60 obras deste artista, considerado o máximo representante do movemento coñecido como “Renovadores da vangarda histórica galega". Os seus integrantes foron protagonistas dunha renovación plástica que superaba o rexionalismo imperante na época e que situaba a identidade estética galega en consonancia coas tendencias europeas.

Se queres ver a exposición nunha visita guiada, reserva con dous días de antelación. Duran uns 40 minutos e fanse en grupos máximos de 20 persoas. Podes facer a reserva por teléfono ou por correo electrónico.

Teléfono/Fax:+34 986 438475

E-mail: fundacion@laxeiro.es

Cando:

Evento permanente

Lugar:

Casa das Artes. Rúa Policarpo Sanz, 15, 3. 36202 Vigo.

Lugar:

Fundación Laxeiro

  • Rúa de Policarpo Sanz 15

Horario:

  • Luns a venres: 18 a 21 horas.
  • Sábados, domingos e festivos: 12 a 14 horas.

Prezo:

Gratuíto

Galería de fotos

Sala
Sala
Sala
Sala
Sala
Sala

Evento permanente

Fundación Laxeiro

Rúa de Policarpo Sanz 15

Teléfono: 986438475

Web: http://www.laxeiro.org/

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100