Gerencia Municipal de Urbanismo

Noticias

Lista de noticias

Noticias

2026-08-28. Vigo amplía o parque municipal de vivenda coa compra de dous novos pisos para alugueiro social

Foto noticia
O Concello investirá 316.000 euros na adquisición dos dous inmobles, que serán incorporados á oferta municipal tras realizar pequenas reparacións. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-27. O Concello convocará un concurso de ideas para definir unha Praza de España estética e funcional

Foto noticia
Vigo busca unha renovación da praza que permita incrementar o seu uso pola cidadanía e ordenar o desenvolvemento futuro de todo o ámbito. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-10. O Concello esixe á Xunta unha estación de autobuses "óptima" e atención ás persoas sen teito

Foto noticia
O alcalde anunciou que a semana pasada se remitiu unha carta á administración autonómica "para que adopte as medidas necesarias". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-31. Vigo axilizará a concesión de licenzas urbanísticas ao eliminar o informe previo sobre servidumes aeronáuticas

Foto noticia
Unha resolución publicada este luns no Boletín Oficial do Estado exime o Concello de Vigo de solicitar o informe previo da Axencia Estatal de Seguridade Aérea para autorizar determinadas construcións e instalacións. A medida, de aplicación inmediata, permitirá simplificar e reducir os tempos de tramitación das licenzas urbanísticas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-17. O Concello avanza na construción da nova escola de música de Bembrive

Foto noticia
Abel Caballero anunciou esta mañá que a Xerencia de Urbanismo aprobará o martes 21 de xullo o proxecto de expropiación dos terreos para construír o centro docente musical . (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-16. O alcalde reivindica o PXOM para un modelo urbano propio e afrontar os retos do futuro

Foto noticia
O alcalde e presidente da Fundación ProVigo, Abel Caballero, inaugurou este mércores o III Debate da entidade, dedicado a "Deseñar a cidade do futuro (Parte I): Urbanismo, innovación e sustentabilidade". Na xornada participaron tamén a cuarta tenente de alcalde e responsable da Área de Urbanismo e Vivenda, María José Caride; o presidente da Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Manuel Martínez Carazo; e a directora de Innovación para Mercados Estratéxicos de Gradiant, Antía Fernández López.Durante a súa intervención, o rexedor reivindicou os máis de vinte anos de transformación urbana de Vigo e defendeu o PXOM como "o elemento diferencial" para afrontar os retos da segunda metade do século, incorporando desafíos como o cambio climático, a innovación tecnolóxica e o acceso á vivenda. "Queremos liderar a transformación das cidades da segunda metade do século", sinalou Caballero, quen apostou por un modelo urbano propio e diferencial para responder ás novas necesidades da cidadanía. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-14. O Concello avanza na transformación urbanística da Praza de España

Foto noticia
Abel Caballero anunciou este martes o inicio do estudo de detalle entre as rúas Pizarro e Porto Rico, zona 3 do ámbito. "Isto non hai quen o pare", afirmou. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-06. Caballero defende á veciñanza e insta á Xunta a pactar as compensacións do proxecto urbanístico no Ofimático

Foto noticia
O alcalde instou á Xunta a pactar as condicións do desenvolvemento do Proxecto de Interese Turístico do Ofimático coas persoas afectadas. Explicou que o centenar de familias afectadas ten dereito a compensacións económicas axeitadas e a estar informadas con antelación suficiente. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-01. O Goberno local autoriza a ampliación das instalacións de APAMP en Vigo

Foto noticia
O alcalde anunciou esta mañá que a Xerencia de Urbanismo concedeu autorización para que APAMP amplíe as súas instalacións, gañando case 320 metros cadrados cunha reforma que conta cun orzamento de máis de 300.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-30. A Empresa Municipal de Vivenda asume a construción, rehabilitación e alugueiro de vivenda a prezo taxado

Foto noticia
A Xerencia de Urbanismo aprobará a semana que vén a constitución da Empresa Municipal de Vivenda, cuxa posta en marcha coincidirá coa construción de 227 vivendas de protección en Santa Cristina e Esturáns. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendaciones
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100