Voluntariado (OMV)

Noticias de Voluntariado

Lista de noticias

Noticias

2026-09-18. A Oficina Municipal de Voluntariado abre sete cursos de formación

Foto noticia
A proposta inclúe diferentes cursos orientados a ampliar coñecementos, adquirir novas ferramentas e mellorar as habilidades necesarias para participar de forma activa e responsable en accións de voluntariado en diferentes ámbitos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-11-20. Vigo recoñece o labor do voluntariado municipal

Foto noticia
O acto contará coas entidades colaboradoras e os centos de voluntarios que desenvolven a súa actividade. O alcalde tamén informou que esta semana se concederon 49 axudas de emerxencia por valor de 15.000 euros (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-03-12. O voluntariado inicia a súa formación en Bouzas

Foto noticia
Esta tarde comezan os cursos do voluntariado na Oficina de Distrito de Bouzas de 17 a 21 horas co obxectivo de mellorar a acción dos 805 voluntarios municipais. As persoas interesadas poden inscribirse no 010. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-02-22. Os voluntarios do Concello terán formación para mellorar a súa acción

Foto noticia
O alcalde deu conta do comezo de distintos cursos para os 805 voluntarios do Concello co obxectivo de mellorar a súa asistencia. As inscricións poden facerse no 010. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-01-12. Integrantes da Asociación de Persoas Xordas de Vigo achéganse á arte urbana da cidade

Foto noticia
O grupo de voluntariado cultural do Concello organizou este venres un percorrido inclusivo polos diferentes murais que conforman o programa municipal de arte urbana que suma máis de 177 obras repartidas por toda a cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-12-04. Vigo conta con novos voluntarios en axuda a maiores e primeiros auxilios

Foto noticia
Abel Caballero explicou este luns aos receptores do diploma que lles acredita como voluntarios que o Concello quere converter a Vigo nesta lexislatura na "Cidade do voluntariado". Ao entregarlles o diploma que certifica a formación básica recibida polo axuntamento de Vigo, tamén destacou o traballo que realizan os que perceptores dos diplomas tanto para un bo acompañamento a persoas maiores, menores e con discapacidades, así como en habilidades de comunicación, en primeiros auxilios, entre outros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-11-28. O voluntariado cultural do Concello celebra unha xornada de lectura e música

Foto noticia
A Casa Galega da Cultura acolle este mércores 29 de novembro un encontro de lectura coa música como fío condutor. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-11-21. O goberno local invita aos escolares a participar nunha campaña de fomento do voluntariado

Foto noticia
Abel Caballero anunciou este martes que o Concello proxecta "potenciar e fomentar de forma notable" en Vigo o voluntariado. Para conseguir este obxectivo desenvolverase unha campaña informativa que colocará o eixo nos centros educativos e na mocidade viguesa. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-01-12. O goberno local adica 95.000 euros á Fundación Laxeiro

Foto noticia
A Xunta de Goberno aprobou a transferencia á subvención á Fundación Laxeiro cun importe de 95.000 euros para o seu mantemento. Abel Caballero lembrou que o Concello está a traballar na exposición de Laxeiro no MARCO que comezará no mes de febreiro e nas rutas Laxeiro para dar a coñecer a cidade a través dos lugares que forman parte da vida do pintor. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-12-05. O goberno municipal recoñece o labor do voluntariado municipal

Foto noticia
No Día Internacional dos Voluntarios, o Concello quixo recoñecer o valor do traballo que desenvolven as arredor de 800 persoas que participan na acción social na cidade da man do goberno da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendaciones
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100