Tráfico y Transportes

Noticias de tráfico y seguridad

Lista de noticias

Noticias

2023-09-04. O Concello instala un novo pavimento de maior duración e seguridade na rúa Progreso

Foto noticia
O alcalde visitou esta mañá a zona da obra, na que se investiron 15.000 euros, e lembrou á cidadanía que, co inicio do curso escolar, remata a posibilidade de aparcar os coches nas zonas reservadas para transporte de alumnado na contorna dos colexios. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-08-31. O goberno local adxudica as obras do parque de Navia

Foto noticia
O alcalde deu conta da da aprobación na Xunta de Goberno que terá lugar este venres onde se aprobará un investimento de 1.500.000 euros para arborado e reordenación do parque. Na orde do día tamén figura a renovación das instalacións da piscina de Travesas e a contratación do mobiliario do novo parque de bombeiros en Tomás Alonso. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-08-17. Abel Caballero recibe á primeira bombeira de Vigo

Foto noticia
Para o alcalde isto marca "un fito" no Corpo de Bombeiros de Vigo, no que entra a formar parte Natalia Bastón, a primeira muller que accede ao servizo municipal de extinción de incendios. Caballero recibiu á nova bombeira interina na Alcaldía, onde transmitiu a súa \"ilusión e entusiasmo" polo nomeamento. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-08-08. Vigo conforma o Comité do Nadal para a coordinación do evento

Foto noticia
O Nadal de Vigo da un paso máis e, tal e como declarou o alcalde, a delegación conformada polos edís responsables do evento servirá \"para que medre o Nadal en toda a cidade e minimizar efectos colaterais que poidan xerar algunha dificultade". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-08-03. O Concello retoma os programas de educación viaria para escolares

Foto noticia
O alcalde anunciou que o parque de tráfico de O Castro volverá a abrir para a formación en seguridade viaria dos alumnos de 6 de primaria dos colexios de Vigo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-06-30. O goberno municipal inicia a campaña de prevención de incendios forestais

Foto noticia
A Policía Local contará desde este sábado 1 de xullo con dúas patrullas diarias da sección medioambiental (UMIR) e coa unidade de drons dedicados a vixiar e previr os lumes nos montes da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-06-29. A Policía Local vixiará a seguridade nas Illas Cíes durante as fins de semana do verán

Foto noticia
O alcalde informou este xoves do inicio do traballo dos axentes o vindeiro sábado, 3 de xullo, en coordinación coa Policía Nacional que cubrirá o servizo durante a semana polo que as Illas quedarán cubertas durante toda a semana. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-06-22. A cidade celebra o San Xoán con fogueiras e sardiñadas

Foto noticia
O alcalde deu conta das 23 solicitudes recibidas no Concello para a organización na noite deste venres 23 de xuño das cacharelas do San Xoán e das 16 peticións de sardiñadas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-05-16. A Policía Local incorpora 19 efectivos

Foto noticia
O alcalde presidiu este martes no Concello a toma de posesión como funcionarios dos novos axentes. No mes de xuño, o Corpo sumará 81 policías incorporados. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-04-17. A Policía Local reforza a súa formación en reanimación cardiopulmonar e rescates acuáticos

Foto noticia
Coincidindo coa proximidade da temporada estival, 140 efectivos da Policía Local recibirán formación en reanimación cardiopulmonar e uso correcto do chaleco de rescate acuático. Serán catorce os axentes que realizarán este curso cada xornada, desde hoxe ata o 28 de abril. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100