2025-06-20. Once novos murais encherán de cor as rúas de Vigo
Esta edición contará con artistas de 5 países e ten un orzamento de 450.000 euros. A Xunta de Goberno tamén deu luz verde á subvención para ACOPOVI cun importe de 205.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-06-02. O PXOM prevé 15.000 vivendas de protección e duplicará as zonas verdes e instalacións deportivas
A aprobación do novo planeamento urbanístico foi un dos fitos destacados polo alcalde de Vigo na presentación do seu balance de xestión. Este documento permitirá a construción de 15.000 vivendas sometidas a algún tipo de protección e duplicará as zonas verdes da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-05-23. Caballero visita as obras da rúa Santiago que crearán un novo espazo de encontro para a cidadanía
Abel Caballero comprobou este venres o avance das obras de remodelación do antigo local municipal da rúa Santiago. A finais de verán a praza transformarase para achegar á cidadanía un novo espazo de lecer e encontro, coa construción dunha bancada de granito "que permitirá ver as mellores postas de sol do planeta polas Illas Cíes". (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-05-08. Os xardíns de Castrelos acollerán concertos ao aire libre este verán
O Concello abre unha convocatoria pública para seleccionar as actuacións que encherán o recinto con diferentes estilos musicais. É unha das accións do programa de conmemoración do centenario da doazón do Pazo de Castrelos á cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-04-22. O XI programa "Vigo, cidade de cor" contará con artistas de cinco países
O Concello vén de aprobar a contratación das obras do programa de murais que ten un orzamento de case 200.000 euros e que contará nesta edición con artistas de Arxentina, México, Polonia, Grecia e España. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-04-21. Os xardíns históricos de Castrelos ábrense con visitas guiadas o sábado 26 de abril
Con motivo do Día Europeo dos Xardíns Históricos os interesados poderán coñecer cun guía experto os xardíns do Pazo Quiñones de León. As prazas son limitadas e as persoas interesadas deben inscribirse no 010. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-04-16. A "VIII Batalla Mural" celebrarase o sábado 24 de maio
O obxectivo do programa municipal é achegar o valor da cultura urbana, especialmente do graffiti, a toda a cidadanía. Ademais, o alcalde avanzou que a biblioteca do Marco súmase a outros 41 museos e centros de arte compartindo as súas publicacións e liberando libros para conmemorar o 23 de abril. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-04-15. Visitas guiadas en Castrelos con motivo do Día Europeo dos Xardíns Históricos
O Concello segue a divulgar os xardíns históricos do Pazo Quiñones de León cunha xornada de portas abertas o sábado 26 de abril. As prazas son limitadas e as persoas interesadas deben inscribirse no 010. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-03-18. O Pazo da Raposeira, Premio Aproin 2025
O alcalde puxo en valor a "rehabilitación excepcional" do edificio polo que quere "que toda a cidade o coñeza", a través das visitas guiadas que organiza o goberno municipal. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-03-14. Vigo aposta pola recuperación do xardín francés de Castrelos
Abel Caballero e a tenente de Alcalde, Carmela Silva, achegáronse este venres á xornada "O Pazo de Castrelos, unha experiencia práctica na xestión e restauración de xardíns históricos" onde expertos debatían hoxe sobre os valores botánicos e a recuperación do espazo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)