Montes, parques y jardines

Noticias del servicio

Lista de noticias

Noticias

2026-09-01. O Concello renova as xardineiras da Praza da Independencia

Foto noticia
O alcalde avanzou o inicio das obras de "renovación integral" das xardineiras da Praza da Independencia que teñen un orzamento superior aos 40.000 euros para que sexan "acordes coa beleza da praza, acordes co deseño da praza e co marcroparque infantil que é excepcional". Nestes momentos a obra está nas últimas fases da tramitación e, tal e como explicou Caballero, o obxectivo é que estea rematada antes de final de ano. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-18. O Concello realizou preto de 1.000 actuacións de limpeza en parcelas para previr incendios

Foto noticia
Abel Caballero destaca a intervención subsidiaria en 547 parcelas das faixas secundarias e outras 438 en solo urbano. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-11. O Concello instalará dúas tirolesas de 32 metros na ampliación do parque de xogos infantil da Praza da Miñoca

Foto noticia
O alcalde anunciou este martes a adxudicación das obras que conlevan un investimento municipal de 48.319 euros. A adaptación do espazo para acoller os novos xogos contará cun prazo de dous meses e medio. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-06. Vigo arranxará o paseo do Lagares ante a inacción da Xunta de Galicia

Foto noticia
O alcalde censurou a desidia do Goberno autonómico coa súas competencias na cidade, logo de que derive ao Concello a responsabilidade das obras na conca do Lagares. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-08-04. O Goberno municipal incrementa persoal e maquinaria no servizo de parques e xardíns

Foto noticia
O alcalde informou este martes da posta en marcha do novo contrato de mantemento e conservación das zonas verdes da cidade que ten un orzamento anual de 12,2 millóns de euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-31. O Concello inviste 64.000 euros na mellora do adro da Igrexa de San Lorenzo de Coruxo

Foto noticia
O alcalde participou este venres na posta en funcionamento, logo do remate das obras, do novo muro perimetral e da varanda que dará seguridade ao recinto onde se celebran as festas da parroquia. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-29. Vigo solicita á Xunta 9 millóns por ser a cidade máis poboada de Galicia

Foto noticia
O Grupo Municipal Socialista defendeu que o Goberno autonómico achegue esta cantidade en analoxía á asignada en concepto de capitalidade ao Concello de Santiago. O Partido Popular votou en contra e o BNG abstívose. O Pleno tamén aprobou unha moción para a protección e valorización dos montes periurbanos da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-05-14. A construción do novo macroparque infantil de Finca Matías comeza no mes de xullo

Foto noticia
A Xunta de Goberno aprobará mañá a adxudicación das obras do macroparque infantil da Finca Matías, un proxecto que converterá este ámbito situado entre Travesía de Vigo e a rúa Aragón no maior espazo de xogos da cidade. A actuación contará cun investimento de 2.850.000 euros e un prazo de execución de oito meses. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-24. O Goberno municipal plantou desde 2007 máis de 35.000 árbores na cidade

Foto noticia
O Concello plantou máis de 35.000 árbores en Vigo desde 2007, segundo destacou hoxe o alcalde ante os alumnos do Escolas Nieto e do CEIP Fonte Escura con quen plantou un magnolio no parque de Barreiro con motivo da conmemoración do "Día da Árbore". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-13. O goberno local suma 240.000 euros á reposición e creación de novas zonas verdes

Foto noticia
O Concello aprobou a contratación de subministro de árbores, arbustos, plantas e especies vexetais para os próximos tres anos, por un valor de 240.000 euros. A previsión, dixo Caballero, é alcanzar 2,3 millóns de metros cadrados de novas zonas verdes nos próximos anos, "Vigo es cada vez máis unha cidade verde". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendaciones
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100