Igualdad

Noticias de Igualdad

Lista de noticias

Noticias

2026-02-18. O Goberno local facilitou 1.128 pernoctas en xaneiro no albergue municipal

Foto noticia
O albergue municipal de Vigo atendeu en xaneiro a 115 persoas facilitando 1.128 pernoctas e rexistrou unha ocupación do 97 por cento, segundo detallou este mércores Abel Caballero, ao avanzar que na reunión desta semana a comisión de axudas de emerxencia aprobou 105 apoios por valor de 33.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-02-17. O servizo de Teleasistencia municipal atendeu a 911 persoas no mes de xaneiro

Foto noticia
O alcalde que cualifica a prestación do servizo de "excepcional" fixo balance do mes de xaneiro no que se realizaron 5.483 chamadas e se rexistraron 4.194 alarmas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-02-04. O alcalde reitera o apoio do Concello á Asociación Española contra o Cancro

Foto noticia
Abel Caballero reiterou este mércores aos directivos de Vigo e de Pontevedra da "Asociación Española contra o Cancro" o apoio municipal. "Contade con nós no que necesitedes", afirmou durante a súa visita ás instalacións da rúa Venezuela con motivo da celebración do "Día Mundial contra o Cancro". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-02-03. O Concello atendeu en 2025 a 404 persoas con máis de 15.800 servizos dos Coidadores de Barrio

Foto noticia
Son 38 usuarios máis que no ano 2024. Segundo explicou o rexedor, o 80% das persoas usuarias son mulleres e o 56 % teñen idades comprendidas entre os 76 e os 90 anos. O Concello inviste 610.000 euros ao ano neste programa de atención municipal. Abel Caballero tamén deu conta do dispositivo do frío que atendeu desde o 26 de xaneiro ao 1 de febreiro a 98 persoas sen teito. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-27. O Goberno local adxudicou 111 axudas de emerxencia no mes de xaneiro

Foto noticia
O alcalde deu conta esta mañá da adxudicación de 111 achegas de emerxencia por importe de máis 25.000 euros. Sobre as críticas á política social do Concello de Vigo, Caballero retou ao resto de forzas políticas a que "digan un só sitio de Galicia con mellor política social que Vigo". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-26. O Pleno demanda á Xunta un estudo das patoloxías das cubertas de todos os centros educativos

Foto noticia
A maioría da Corporación solicitou unha auditoría das patoloxías das cubertas dos centros educativos da cidade, tendo en conta que a maioría deles foron construídos hai máis de 50 anos. O Pleno tamén solicitou un plan de choque para rebaixar a lista de agarda da Teleasistencia. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-20. O servizo de Teleasistencia do Concello atendeu 900 persoas en decembro

Foto noticia
O alcalde deu conta do funcionamento do servizo municipal no último mes de 2025 no que se realizaron 4.820 chamadas ás persoas usuarias e servíronse 112 ceas de Nadal. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-14. A primeira comisión de axudas de emerxencia de 2026 aproba apoios por 11.283 euros

Foto noticia
A primeira comisión de axudas de emerxencia de 2026 resolveu favorablemente a concesión de 41 apoios por valor de 11.283 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-13. O Concello organiza novos "Bailes en Vigo" entre xaneiro e marzo

Foto noticia
O alcalde informou este martes da apertura este sábado 17 de xaneiro dun novo ciclo de bailes, abertos a toda a cidadanía e completamente gratuítos, que se van celebrar en diferentes asociacións da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-13. Os maiores de Vigo melloran as súas competencias dixitais cos teléfonos móbiles

Foto noticia
O alcalde participou na entrega de diplomas dos cursos de capacitación dixital e uso do teléfono móbil para persoas maiores de 65 anos. "Seguiremos facendo estes cursos", avanzou. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendaciones
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100