Mayores

Noticias

Lista de noticias

Noticias

2026-07-17. A Federación de Bandas de Música Populares de Vigo recibirá 232.000 euros para desenvolver 115 concertos

Foto noticia
A Xunta de Goberno do Concello aprobou hoxe o acordo coa organización que reúne a nove bandas de música da cidade para que durante todo o ano desenvolvan un extenso programa de concertos dos programas "Vigo, un mar de bandas", "Vigo, bandas nos torreiros" e "Aulas de música". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-16. Caballero destaca o "valor infinito" das familias de Vigo que acollen no verán a máis de cen nenas e nenos saharahuis

Foto noticia
O alcalde destacou este xoves o valor do traballo que realiza a ONG Solidaridade Galega co Pobo Saharahui a través do programa "Vacacións en Paz", á vez que agradeceu ás familias de Vigo a súa decisión de acoller aos nenos que viven no campamento de Tinduf. "Esta cidade é a vosa cidade", afirmou Caballero ao reiterar o apoio do Gobierno municipal a unha iniciativa solidaria que cada ano facilita a estancia na cidade a máis de 100 nenos e nenas. Maite Isla, presidenta de SOGAP, afirmou que "somos a envexa de toda España en familias de acollemento e polo apoio do alcalde de Vigo". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-15. O Concello destina 52.000 euros a impulsar a innovación e a inserción social a través do emprego

Foto noticia
Abel Caballero anuncia novas axudas para proxectos de investigación e para o programa de agricultura ecolóxica "Verdear" da asociación Alborada. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-08. O Servizo Municipal de Axuda no Fogar atendeu a 988 persoas no mes de xuño

Foto noticia
Abel Caballero saúda este mércores ás persoas usuarias do dispositivo de apoio domiciliario que participan na festa de verán organizada polo Concello no Hotel Pazo dos Escudos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-06. O Concello organizará un concerto solidario con Venezuela

Foto noticia
Abel Caballero anunciou este luns ao cónsul venezolano, Martín Pacheco Morillo, que a recadación do acto convocado polo Goberno municipal irá destinada a financiar as principais necesidades das vítimas dos terremotos, entre as que destacan, alimentos, auga e medicamentos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-02. Vigo activa un dispositivo especial ante a vaga de calor para reforzar a atención ás persoas sen fogar

Foto noticia
Segundo explicou o alcalde, esta acción implica novas prazas para acollida nocturna, a ampliación da atención diúrna e un reforzo da unidade de rúa para asistir ás persoas máis vulnerables. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-16. O Concello ofrece actividades interxeracionais de ocio e benestar para 4.000 participantes este verán

Foto noticia
O luns 29 de xuño arrincará o programa gratuíto "Verán activo nas prazas", que este ano contará con dúas novidades: dobre sesión diaria de actividades de saúde e diversión en dúas prazas da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-16. O Goberno de Vigo renova o apoio a cinco entidades sociais por 546.000 euros anuais

Foto noticia
O alcalde mantivo un encontro este martes con AFAN, Fundación Casa Caridad, Vida Digna, Banco de Alimentos e Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e trasladoulles a continuidade do apoio municipal ao seu labor. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-16. A ONG Tierra de Hombres amosa no Concello o seu labor humanitario en Ucraína

Foto noticia
O alcalde e a concelleira de Benestar Social, Yolanda Aguiar, participaron este martes na inauguración dunha mostra fotográfica da ONG Fundación Tierra de Hombres que poderña verse na lonxa do Concello durante un mes. As imaxes mostran o traballo da entidade en Ucraína dando apoio aos provedores de axuda humanitaria e prestando servizos directos a nenas, nenos e as súas familias. Un total de 724 menores beneficiáronse desta axuda grazas ao labor de Tierra de Hombres na distribución de alimentos, produtos de hixiene e escolares; na rehabilitación e subministro de albergues seguros; no abastecemento de equipos móbiles para brindar apoio psicosocial ás persoas desprazadas; no seguimento de nenas e nenos con problemas psicolóxicos e outras vulnerabilidades. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-10. O Concello aproba 56 novas axudas de emerxencia por 13.402 euros

Foto noticia
Abel Caballero explicou que o maior número de apoios concedidos na comisión deste martes correspóndense coas destinadas a alugueiro, un total de 18 por 6.151 euros, "co que evitamos 18 desafiuzamentos". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendaciones
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100