Empleo Local

Noticias de Empleo

Lista de noticias

Noticias

2026-07-15. O Concello destina 52.000 euros a impulsar a innovación e a inserción social a través do emprego

Foto noticia
Abel Caballero anuncia novas axudas para proxectos de investigación e para o programa de agricultura ecolóxica "Verdear" da asociación Alborada. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-10. Caballero valora o Vigo Sea Fest como celebración da orixe e tradición da cidade

Foto noticia
O alcalde participou este venres na inauguración institucional do VII Festival ARVI do Peixe que se desenvolve ata este domingo, 12 de xullo, nos xardíns de Montero Ríos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-30. O alcalde traslada o compromiso municipal na xornada "Descarbonización na BIOeconomía azul"

Foto noticia
Durante a clausura do encontro, organizado por Anfaco-Cytma, o Círculo de Empresarios de Galicia e a Alianza Q-Cero, da que forma parte Iberdrola e que promove a descarbonización en España, Abel Caballero felicitou á organización e explicou que unha parte importante da enerxía verde que emprega o Concello é verde, como ocorre cos ascensores ou as ramplas mecánicas: "É o noso compromiso co que sucede; compartimos o voso traballo" e avanzou que seguirá apostando pola eficiencia enerxética e o consumo responsable. A xornada contou coa participación do sector empresarial do mar-industria, da acuicultura, da pesca, da loxística portuaria, da refrixeración e da xestión da pegada de carbono. Serviu para debater e analizar os principais retos e oportunidades da descarbonización no ámbito da bioeconomía azul, con atención á sostibilidade, á eficiencia enerxética e á transición cara modelos produtivos máis competitivos e respectuosos coa contorna. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-25. Caballero avoga por un Vigo cada vez máis sostible nunhas xornadas profesionais na Zona Franca

Foto noticia
Abel Caballero participou esta mañá na apertura da xornada "Vigo+Sostible" organizada en dependencias da Zona Franca onde relatou os avances que experimentou a cidade nos últimos anos en materia de sostibilidade e medio ambiente. Acompañado por David Regades, delegado do Consorcio e Héctor Prego, presidente da Asociación Española do Automóbil Ecolóxico, o alcalde inaugurou un foro que reuniu a administracións, empresas e axentes do sector para presentar solucións de transición enerxética, innovación ambiental e mobilidade sostible. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-17. O alcalde valora Stonegal como un "gran congreso" para o sector da pedra natural

Foto noticia
Abel Caballero participou este mércores na inauguración da II edición de Stonegal, a feira internacional de referencia para o sector da pedra natural que reúne desde hoxe e ata o venres no IFEVI a 150 expositores coa presenza de empresas, profesionais e representantes nacionais e internacionais vinculados a toda a cadea de valor. O alcalde puxo en valor a "idea brillante" de organizar un "gran congreso" arredor da pedra, que "representa a forma de entender o que fomos coa modernidade do século XXI". Así expuxo que "Vigo é a cidade da pedra" desde o momento no que construíu as as súas murallas de pedra, "como forma de vida e defensa" ata agora, na modernidade, cando a pedra segue sendo a protagonista na configuración do espazo urbano. "Humanizamos 700 rúas con pedra, verde e flores e así pisamos un granito excepcional, que enlaza co que somos" e citou como exemplo a Porta do Sol que era de asfalto e hoxe, sen coches, é unha praza con solo de granito recuperada como espazo cultural para a cidadanía. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-08. O Concello instala 15 novos mupis dixitais con información de interese para a cidadanía

Foto noticia
O alcalde presentou esta mañá os soportes informativos dixitais instalados en quince zonas da cidade que emiten, de forma constante, datos das distintas iniciativas municipais. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-05. A Casa da Xuventude acollerá os cursos "Talento joven" de formación para o emprego

Foto noticia
O Concello de Vigo e a Cámara de Comercio cooperan na iniciativa que facilita cursos de capacitación para a inserción laboral de mozas e mozos entre 16 e 29 anos que carecen de estudos e buscan emprego. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-05-26. Os Premios ARDAN de Zona Franca distinguirán a 14 empresas de excelencia

Foto noticia
450 persoas de toda Galicia xa están inscritas para participar na Gala de entrega dos galardóns que se celebrará o 4 de xuño no Auditorio Mar de Vigo. Caballero eloxia uns premios que "recoñecen a excelencia empresarial da área de Vigo". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-05-15. Abel Caballero visita a montaxe da Feira Internacional Navalia

Foto noticia
O rexedor vigués achegouse ata o IFEVI onde o martes comeza a Feira Internacional de Navalia, para amosar o apoio e recoñecemento á organización da cita, que volverá situar a Vigo no centro da actividade naval mundial. Navalia comezou a súa montaxe o luns con máis de 350 traballadores, que levan a cabo a construción dos stands para a décima edición, sobre a que o alcalde afirmou que "segue impresionando porque cada vez é distinta, cada vez é nova e cada vez incorporanse novas firmas". "Isto é a tecnoloxía, é o emprego, é a capacidade de construír, é o naval", destacou Caballero, tras percorrer os catro pavillóns que se preparan para recibir cifras récord de participación e unha destacada presenza de empresas e delegacións extranxeiras. A feira celébrase do 19 ao 21 de maio e contará con 602 stands. O alcalde estivo acompañado por José García Costas, presidente de Navalia, e varios membros del Comité Executivo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-05-06. "Galicia Biodays" reúne en Vigo a expertos en biotecnoloxía

Foto noticia
O Auditorio Mar de Vigo acolle hoxe e mañá a terceira edición do foro de referencia da industria biotecnolóxica e das Ciencias da Vida do Espazo Atlántico Europeo, "unha gran reunión sobre ciencia, bioloxía e capacidade de xerar tecnoloxía da vida" apuntou o rexedor durante a inauguración do evento. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendaciones
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100