2025-07-14. O alcalde visita os campamentos municipais de Vigonature
Abel Caballero achegouse este luns a coñecer a actividade que se desenvolve nas instalacións onde decenas de nenas e nenos gozan de diferentes estadías, durante o día e tamén de noite, no marco do programa municipal "Verán Xove 2025". (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-07-09. Abel Caballero visita o campamento de Alcabre
Cincuenta nenas e nenos de entre 4 e 12 anos participan esta quincena no campamento municipal do programa "Verán Xove" en Alcabre, que visitou esta mañá o rexedor, que puido ver algúns dos xogos de auga, obradoiros e accións de teatro que realizan. O Concello ofrece este verán máis de 4000 prazas en 15 campamentos en diferentes espazos da cidade. Van desenvolverse desde o 23 de xuño e ata o 29 de agosto co fin de facilitar a conciliación familiar e laboral. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-06-24. O IFEVI acollerá os días 5 e 6 de xullo a terceira edición de "Kokoro Japan Expo 2025"
A fin de semana do sábado 5 e o domingo 6 de xullo o Instituto Feiral de Vigo acollerá a terceira edición de "Kokoro Japan Expo 2025". Dedicado á cultura xaponesa, o manga, o anime, a gastronomía e os xogos, contará cunha extensa oferta de actividades e a presenza de invitados internacionais. O alcalde chama á participación da cidadanía de Vigo nunha exposición \"moi entretida". (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-05-22. O Vigo Dance Festival reunirá a 780 bailaríns no Auditorio Mar de Vigo
O sábado 24 e o domingo 25 de maio terá lugar o primeiro festival de danza multidisciplinar ao que están convidados todas as escolas e grupos vigueses, que poderán participar de xeito gratuíto. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-05-19. Obradoiros gratuítos sobre o uso responsable da tecnoloxía para adolescentes
O Centro municipal de formación da Rúa Alta ofertará 132 prazas no campamento dixital CRI-TIC, que se desenvolverá durante todo o verán, en horario de 09,00 a 14,00h. Son obradoiros para fomentar o uso responsable das novas tecnoloxías. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-05-19. O campus multideporte do Coruxo reunirá 500 nenas e nenos este verán
O alcalde e Carmela Silva participaron esta mañá na presentación do campus multideporte de verán "Aprende a xogar" que se celebra do 23 ao 27 de xuño impulsado polo Coruxo Fútbol Club co patrocinio do Concello. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-05-14. Vigosónico oferta un obradoiro musical gratuíto para mocidade de entre 15 e 20 anos
Vigo impulsa este verán o Laboratorio Musical para a Mocidade co obxectivo de incentivar o talento xuvenil, estimular a creatividade e ofrecer ferramentas reais de desenvolvemento persoal e profesional no ámbito musical. Son 45 prazas gratuítas para participar nunha iniciativa que se desenvolve nas instalacións de Vigosónico entre o 30 de xuño e o 11 de xullo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-05-09. O Vigo Dance Festival amosará o talento das escolas e grupos de danza da cidade
O Auditorio Mar de Vigo acollerá os días 24 e 25 de maio o primeiro festival de danza multidisciplinar ao que están convidados todos os grupos vigueses que poderán participar de xeito gratuíto. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2025-04-11. O luns abre o prazo para solicitar os campamentos de verán
Abel Caballero anunciou que o luns a partir das 10 da mañá abre o prazo para inscribir aos nenos e nenas nos campamentos municipais de verán. O Concello oferta 4.000 prazas entre xuño e agosto para a mocidade de Vigo de entre 4 e 17 anos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
2024-12-20. Vigo pon en marcha distintos campamentos para a conciliación no Nadal
O Vigo Inclusivo para o Nadal aínda ten prazas dispoñibles. Amais o Concello programa campamentos lúdicos para a mocidade de entre 3 e 12 anos e o campus polideportivo de Reis en xaneiro. (Ver noticia en xornal.vigo.org)