Cultura

Noticias de Cultura

Lista de noticias

Noticias

2026-04-16. O Concello amplía o apoio á Agrupación de Teatro Amador de Vigo cunha axuda de 50.000 euros

Foto noticia
Abel Caballero anunciou este xoves ás 18 entidades que forman parte da agrupación que no ano 2027 sumarán esta nova axuda ao apoio actual. O Concello cédelles de xeito gratuíto o Auditorio Municipal para poñer en escena as obras programadas nos certames de teatro. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-16. Vigo acolle a terceira edición de "Rueda Academia de Cine" do 20 ao 24 de abril

Foto noticia
O programa de desenvolvemento audiovisual que está impulsado pola Academia de Cine e o Concello de Vigo, a través da Vigo Film Office, contará coa participación de máis de 50 cineastas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-15. Vigo inicia a construción da nova biblioteca municipal de Teis

Foto noticia
O alcalde participou no acto simbólico de colocación da primeira pedra, onde destacou os 86 postos de lectura e o seu deseño para ser referente arquitectónico e cultural no barrio vigués. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-15. VigoCultura celebra o Día Internacional do Circo

Foto noticia
A programación municipal de artes escénicas VigoCultura conmemora esta fin de semana o Día Mundial do Circo, con funcións para todos os públicos o sábado 18 e o domingo 19 de abril. Para este día as entradas están esgotadas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-14. O Verbum será mellorado cun investimento de 243.000 euros

Foto noticia
O alcalde informou do inicio, este martes, das obras de reparación das humidades detectadas na fachada da segunda planta do edificio do museo, que permitirán unha mellora térmica e de mantemento. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-13. Vigo celebra o Día do Libro con tres xornadas de actividades e homenaxe a Domingo Villar

Foto noticia
O alcalde presentou este luns a programación do centenario do Día do Libro que inclúe lecturas públicas, encontros con escolares ou faladoiros con narradores e poetas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-10. O Concello amplía dúas semanas a exposición de Barreiro na Casa das Artes

Foto noticia
Poderase visitar ata o 10 de maio a exposición \"Vigo. Luz e cor" de José María Barreiro, que se exhibe na planta baixa da Casa das Artes desde o 19 de febreiro. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-10. O Goberno local programa un novo ciclo de cine no xardín do Pazo de Castrelos

Foto noticia
O Concello retoma este verán o ciclo de cine ao aire libre con seis proxeccións os venres e sábados de xuño e xullo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-09. O programa cultural "Vente con Nós\" espalla música, danza e teatro por toda a cidade durante oito meses

Foto noticia
Abel Caballero presentou esta mañá, con representantes das 32 entidades que forman parte da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, a nova edición do "Vente con Nós\". O programa desprega ata o mes de outubro unha ampla oferta de música, baile, danza e teatro, en barrios, parroquias, asociaciones veciñais e colectivos culturais de toda a cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-09. Abre o prazo de presentación de propostas para os concertos ao aire libre no Pazo de Castrelos

Foto noticia
O Concello publicará mañá, venres 10 de abril, as bases da convocatoria para seleccionar as actuacións do ciclo de concertos ao aire libre nos xardíns do Pazo de Castrelos deste verán. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendaciones
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100