Servicios Sociales

Noticias de Benestar Social

Lista de noticias

Noticias

2025-06-20. O alcalde acompaña a APAMP na súa intervención artística na Porta do Sol

Foto noticia
Caballero achegouse á VIII intervención artística "Imaxinando a rúa\" organizado por APAMP na Porta do Sol. Nesta edición participaron máis de cincocentas persoas na creación dunha cidade imaxinaria con distintos materiais como cartón, plastilina, elementos de reciclaxe e naturais. "Unha magnífica maqueta", expresou o rexedor. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-06-20. Vigo aproba a prórroga do servizo do albergue municipal

Foto noticia
A Xunta de Goberno deu luz verde á prorroga contemplada no contrato de servizos do Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social cun importe de 1.028.108 euros. Tamén o goberno local aprobou o convenio de colaboración coa Asociación Misión del Silencio cun importe de 84.000 euros para o comedor social. "A máis importante política social de España está en Vigo", declarou o alcalde. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-05-27. O alcalde avanza a participación de 11.694 persoas nos campamentos de verán do Concello

Foto noticia
O alcalde subliñou que este verán os campamentos municipais proporcionarán unha alternativa de lecer, deporte e conciliación familiar ás 11.694 persoas con praza nas actvidades programadas polo Concello para todas as idades entre os meses de xuño e agosto. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-05-16. O Concello dispón un novo servizo de intermediación na procura de vivendas a familias vulnerables

Foto noticia
A Xerencia de Urbanismo adxudicou a asignación de recursos á ONG Provivienda para que intermedie e coopere na procura de vivendas para as familias e persoas vulnerables. Serán beneficiadas 36 familias. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-05-07. Novos cursos para mellorar as competencias persoais e dixitais das persoas en risco de exclusión

Foto noticia
O Concello oferta novos obradoiros formativos para maiores de 65 anos e persoas en risco de exclusión. Son sete cursos gratuítos sobre materias como habilidades sociais, competencias persoais, busca de emprego, cidadanía e integración e autoestima. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-05-02. O Concello inicia o próximo martes as viaxes pola ría do programa "Vigo, cidade amiga dos maiores"

Foto noticia
O vindeiro martes 6 de maio o Concello inicia as viaxes pola ría do programa municipal "Vigo, cidade amiga dos maiores" no que participarán 2.600 persoas durante os meses de maio, xuño e xullo, segundo avanzou hoxe o alcalde. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-04-24. O goberno local licita o contrato do Servizo de Axuda no Fogar por 49,5 millóns de euros

Foto noticia
O alcalde anunciou este xoves o inicio da contratación do Servizo de Axuda no Fogar para os próximos tres anos por un importe de 49,5 millóns de euros, prorrogable por outros dous exercicios. O ano pasado o Concello atendeu domiciliariamente a 1.600 persoas con autonomía persoal limitada ou en situación de risco social. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-04-21. O Concello oferta 2600 prazas para viaxes en barco pola ría

Foto noticia
A terceira edición dos percorridos didácticos ponse en marcha durante os meses de maio e xuño no marco do programa "Vigo, cidade amiga dos maiores". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-04-16. O Concello organiza cursos sobre novas tecnoloxías para persoas maiores

Foto noticia
O alcalde anunciou que comezarán no mes de maio con formación 100% práctica para que as persoas maiores de 65 anos sexan capaces de realizar distintas accións a través do seu teléfono móbil. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-03-17. Vigo dedicará 16 millóns de euros anuais ao Servizo de Axuda no Fogar

Foto noticia
A plataforma de contratación do Estado vén de publicar o anuncio previo de contratación do servizo por un importe de 49,5 millóns de euros para un período de tres anos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100