Participación ciudadana

Noticias

Lista de noticias

Noticias

2026-07-17. Quince novos murais artísticos enchen as rúas de Vigo

Foto noticia
O programa municipal supera as 190 obras de arte urbana e continúa revitalizando barrios e espazos públicos da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-14. O Centro de Interpretación de Toralla volve ofrecer recreacións históricas gratuítas

Foto noticia
As representacións celebraranse os xoves de xullo e agosto con dous pases diarios para achegar á cidadanía á vida cotiá da antiga vila romana. A entrada é libre e gratuíta. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-07-08. A Liga Nacional de Graffiti trae a Vigo a dez artistas nacionais e internacionais

Foto noticia
Abel Caballero destaca que o certame, integrado no programa Vigo Cidade de Cor, converterá Bouzas "nunha gran sala de pintura ao aire libre". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-29. Villa Solita programa en xullo e agosto oito concertos gratuítos de música diferenciadora

Foto noticia
O alcalde presentou este luns a sétima edición de Curiosidades Solita, o ciclo municipal que ofrece música en directo de pequeno formato todos os venres desde o 3 de xullo ata o 21 de agosto. Os concertos serán ás 21:00 horas, con entrada gratuíta ata completar aforo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-25. O Concello licita as obras de reforma da fachada dos locais municipais da rúa Elduayen

Foto noticia
O alcalde avanzou este xoves o investimento de 179.000 euros na mellora dos baixos comerciais da Porta do Sol, entre a rúa Elduayen e a praza de Argüelles. "Imos integralos nun espazo urbano cun gran valor patrimonial", afirmou. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-25. O Goberno local iniciará obras en Coia por valor de 7,6 millóns de euros

Foto noticia
O alcalde anuncia o inicio da humanización das rúas Mondariz, Tomiño e Soutomaior e a renovación das redes de saneamento e abastecemento nas rúas A Guarda, Pontecesures, Cuntis e O Porriño no mes de xullo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-19. A Porta do Sol énchese co talento dos participantes na oitava Batalla Mural de arte urbana

Foto noticia
A oitava edición da Batalla Mural do programa "Vigo, cidade de cor" encherá de arte a Porta do Sol a partir das 10,00 h de mañá sábado. Trátase dunha iniciativa que pretende promover o talento artístico da mocidade ao tempo que achega a cultura urbana ao conxunto da cidadanía. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-05-28. O Concello avanza na rexeneración integral do barrio do Rocío

Foto noticia
O Goberno municipal dá un paso máis no desenvolvemento do proxecto de intervención artística coa adquisición por 82.000 euros dunha parcela na rúa de Abaixo, que será un espazo público libre. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-05-21. O Concello converterá o barrio do Rocío nun referente europeo de arte urbana

Foto noticia
O Goberno local contratará este venres a redacción dun proxecto de máis de 4,4 millóns de euros para humanizar o ámbito e crear unha gran intervención artística de Lula Goce. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-05-15. Begoña Caamaño dará nome á nova praza do Calvario

Foto noticia
O alcalde anunciou este venres que a autora viguesa, homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026, "merece memoria eterna" polo que a praza pública que conecta a peonil do Calvario con San Roque levará o seu nome. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendaciones
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100