Voluntariado (OMV)

Noticias de Voluntariado

Lista de noticias

Noticias

2023-01-12. O goberno local adica 95.000 euros á Fundación Laxeiro

Foto noticia
A Xunta de Goberno aprobou a transferencia á subvención á Fundación Laxeiro cun importe de 95.000 euros para o seu mantemento. Abel Caballero lembrou que o Concello está a traballar na exposición de Laxeiro no MARCO que comezará no mes de febreiro e nas rutas Laxeiro para dar a coñecer a cidade a través dos lugares que forman parte da vida do pintor. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-12-05. O goberno municipal recoñece o labor do voluntariado municipal

Foto noticia
No Día Internacional dos Voluntarios, o Concello quixo recoñecer o valor do traballo que desenvolven as arredor de 800 persoas que participan na acción social na cidade da man do goberno da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-03-22. O Concello arranca en Bouzas seis cursos de formación para voluntariado

Foto noticia
O goberno local segue na procura de seguir avanzando no voluntariado polo que volve convocar cursos de formación que se ofertarán en marzo e abril no centro municipal de distrito de Bouzas. Son seis os obradoiros e o prazo de inscrición permanece aberto no 010. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2020-12-17. O goberno de Vigo reparte entre a cidadanía outras 45.000 máscaras faciais

Foto noticia
Cedidas polo Goberno de España, o Concello entrégaas principalmente entre colectivos vulnerables e/ou en risco de exclusión, que reciben 30.000. Outras 10.000 se distribuirán nos mercados municipais e as 5.000 restantes, a asociacións de maiores. Desde primavera, Vigo facilitou en total case que 300.000 máscaras, segundo subliñou este xoves o alcalde. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2020-05-13. O alcalde recoñece o "excepcional" traballo dos máis de 1.200 voluntarios na crise do Covid-19

Desde que o Concello habilitara unha sección adicional dentro do voluntariado municipal con motivo da crise sanitaria, xa son 1.217 as persoas que cooperan la realización de compra de alimentos, medicamentos, reparto de máscaras ou paquetes de libros desde os colexios. Na habitual rolda de prensa telemática, Caballero recoñeceu o excepcional traballo desinteresado que realizan estes voluntarios. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2020-05-05. O Concello achega 300.000 euros aos colexios públicos para obras de mantemento

Foto noticia
Os fondos, dos que dispoñen xa as direccións dos 43 centros educativos de Infantil e Primaria da cidade, inclúense no programa de autoxestión do Concello. Amais, os voluntarios municipais realizaron máis de 1.000 entregas de material escolar ás familias. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2020-03-20. Vigo xa conta con máis de 600 voluntarios para atender a persoas vulnerables

Foto noticia
Abel Caballero avanzou este venres que o Concello xa conta con máis de 600 vigueses rexistrados no servizo de voluntariado posto en marcha para atender a persoas vulnerables. Actualmente, desde a Oficina de Voluntariado xa están contactando cos primeiros inscritos para iniciar un curso de formación. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2020-03-17. O Concello de Vigo hospeda a todas as persoas sen teito e reforza os servizos do albergue municipal

Foto noticia
Abel Caballero anunciou este martes que todas as persoas sen teito foron reacollidas durante as últimas horas en pensións e hoteis da cidade. Ademais, informou de que os procedementos administrativos foron suspendidos, incluídos os de becas de inglés e escolas infantís. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2020-01-31. O alcalde agradece a súa dedicación aos 2.389 voluntarios que cooperan co Concello

Foto noticia
O Concello ten un "corpo de voluntarios extraordinario" que traballa de forma "magnífica", dixo esta mañá o rexedor, un día despois da entrega de 31 diplomas a outros tantos voluntarios municipais. Nestes momentos, hai inscritas 2.389 persoas, unha cifra que o rexedor quere aumentar polo que animou á participación a toda a cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2018-10-25. Vigo reforzará o voluntariado, "unha parte moi importante do músculo civil" da cidade

A Oficina Municipal de Voluntariado conta con 2.850 inscritos, unha cifra que o Concello quere reforzar para que teñan unha presenza constante na cidade. Esta tarde de xoves, o rexedor manterá un encontro con voluntarios no Centro Municipal do Casco Vello. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100